A FEDERACIÓN RURAL GALEGA-FRUGA DENUNCIA QUE A CONSELLERÍA DO MEDIO RURAL ESTÁ DESVIANDO FONDOS EUROPEOS.
Estímase que sobre cinco millóns de euros destinados inicialmente a plans de mellora non se van adxudicar para este fin.
Lugo, 1 de febreiro de 2012.- Desde que no ano 1987 se publicou o RD 808 para a Mellora da Eficacia das Estructuras Agrarias, as explotacións agrarias galegas veñen dispondo dunha axuda para facerlle fronte aos seus plans de mellora, así como para a primeira instalación de xovenes e outras medidas de apoio como as destinadas a contribuír a mellorar a eficacia e a sustentabilidade das explotacións agrarias, coa finalidade de garantir un desenvolvemento sustentable do noso espacio rural, e a aumentar o rendemento económico das explotacións agrarias a través dunha utilización adecuada dos factores de produción ligando este coa mellora da calidade das producións, o respecto polo ambiente e a diversificación de actividades.
Con data de 5 de xaneiro de 2011 a Consellería do Medio Rural, publica no DOG a Orde que modifica a Orde de 31 de maio de 2010 pola que se establecen as bases reguladoras das axudas para a mellora da eficacia e sustentabilidade das explotacións agrarias e para a incorporación de novos activos agrarios, cofinanciadas polo Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao tempo que abre o prazo para presentar as solicitudes dos Plans de Mellora, destinando a este cometido un orzamento total de 15 millóns de euros, procedentes nun 57% de fondos europeos, nun 21% de fondos estatais e dun 21% de fondos aportados pola Xunta de Galiza. As axudas podían variar entre un 25% e un 55% do investimento, dependendo do destino do mesmo e da situación xeográfica da explotación solicitante.
Recentemente véñense de resolver estas solicitudes, e moitas delas, aínda que reunindo os requisitos necesarios para a súa aprobación foron denegadas, e noutros casos aínda sendo aprobadas, o que se aproba non é o total do solicitado, é dicir, danse casos que teñen aprobado unha axuda para adquirir unha cisterna e non se lles aproba o plan de mellora para comprar un tractor, o que inviabiliza a realización do investimento.
Desde a Federación Rural Galega – FRUGA, segundo os datos de que dispomos, estimamos que foron denegadas aproximadamente en entorno ao 50% das solicitudes presentadas e por outra parte calculamos que o total das subvencións aprobadas está en torno a 10 millóns de euros ficando sen gastar uns 5 millóns de euros do total orzamentado para o ano 2011 que ascendía a 15 millóns de euros.
Por todo o anterior desde FRUGA, gustariamos que a señora conselleira do Medio Rural e do Mar nos contestara ás seguintes preguntas: a onde van parar estes cartos europeos que non van ir finalmente destinados para o fin que estaban encomendados, que non era outro que apoiar ás nosas explotacións agrarias e gandeiras?, e por outra parte tamén quereriamos saber; Qué se está facendo coas axudas ao rural que nos está quitando a súa Consellería?.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



