A Fegamp impulsará a redacción dun mapa socioeconómico de servicios municipais
José Manuel Rey presentou a proposta ao presidente da Xunta no encontro que mantiveron esta mañá
A Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) impulsará durante este ano a redacción dun mapa socioeconómico de servizos, que permita coñecer a realidade financeira dos 315 concellos de Galicia. Foi unha das propostas que José Manuel Rey expuxo esta mañá ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, na reunión que ambos mantiveron no Pazo de Raxoi, dentro dos primeiros cen días de mandato do titular da Federación.
Segundo detallou Rey Varela durante a posterior comparecencia conxunta, trátase “dunha proposta ambiciosa” para “coñecer en profundidade a realidade de todos os concellos galegos”, desde o custo e eficiencia dos seus servizos, o nivel de débeda, os gastos de persoal ou os ingresos tributarios. “Datos que nos permitan visualizar o estado de saúde das facendas locais, os seus puntos débiles e as súas fortalezas, e verificar o custo das chamadas competencias impropias”, destacou.
Tras esa primeira fase de recompilación de información, “consideramos que se pode realizar un traballo técnico para expor alternativas de colaboración intermunicipal, trazando sinerxías que permitan romper os límites locais e compartir a prestación de servizos aos cidadáns”. “Non descartamos ningunha fórmula”, aclarou José Manuel Rey, quen confiou en que o mapa socioeconómico de servizos “sirva para que iso se visualíce claramente”.
“Queremos que sexa o traballo máis importante sobre o municipalismo galego desde a reinstauración da democracia”, insistiu, “non queremos que quede nun mero volume de consulta, senón que o informe construirá alternativas para a organización e a colaboración local”. O traballo estará financiado ao 100% pola Federación, cuxos técnicos ademais coordinarán a súa elaboración, e o compromiso de Rey Varela co presidente da Xunta é que as súas conclusións se poidan coñecer antes de que finalice 2012.
Como antecedente claro, José Manuel Rey citou un estudo a pequena escala que a Fegamp realizou en 2004, baixo a presidencia de José Crespo, no que se construía un virtual “concello do Deza”, no que cinco do seis municipios da comarca asociábanse para a prestación de servizos públicos.
Igualmente, o presidente da Fegamp adquiriu o compromiso de presentar tamén neste mesmo ano unha táboa salarial para todos os alcaldes de Galicia, a título orientativo, e respectando a autonomía financeira de cada concello. “Foi unha das resolucións da última Asemblea, e é un compromiso programático deste presidente”, subliñou Rey Varela. O criterio aplicable será o de poboación, e antes de ser feito público, trasladarase á Comisión Executiva da Federación para unha aprobación baseada no consenso e o acordo.
Pacto Local
Na orde do día da reunión dos dous presidentes tamén estivo o desenvolvemento do Pacto Local. En materia educativa, a Fegamp expuxo continuar co proceso de asimilación de custos de calefacción nos centros de infantil e primaria. Desde 2007 se teñen alcanzado obxectivos, e o propósito nestes momentos é seguir dando pequenos pasos.
No referido ao capítulo sanitario, o compromiso da Xunta é seguir asumindo custos de centros de saúde. Desde que comezou a lexislatura, o Goberno galego incorporou 25 centros, aos que sumou outros 8 de nova construción. Seguir nesta liña é unha boa noticia para os concellos, que así se desprenden doutro gasto nestes tempos difíciles. Ambas reivindicacións foron atendidas e avaladas polo presidente da Xunta, e agora pasarán a reunións bilaterais cos respectivos conselleiros, previstas a curto prazo.
Por último, Núñez Feijóo tamén mostrou interese en recoller a petición dos alcaldes de ir reducindo paulatinamente as subvencións finalistas para a súa incorporación no Fondo de Cooperación Local, un proceso que se faría de modo individualizado e analizando cada posible orde de axudas.
Para tratar estes e outros temas, Rey Varela e Núñez Feijóo coincidiron na necesidade de convocar canto antes a comisión de seguimento do Pacto Local, na que estarán presentes diversos representantes da Xunta, así como as tres principais forzas políticas da comunidade, a través dos vicepresidentes da Fegamp.






















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



