A peña barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a Santander.
A peña mariñán, organiza unha viaxe á capital cántabra, para asistir ó partido de liga Racing de Santander & F.C. Barcelona. Esta viaxe terá lugar a fin de semana do 10 e 11 de marzo.
A saida está programada para as 7 horas do sábado día 10, mentres que a volta para o domingo día 11 ó remate do partido de fútbol, sobre as 20 h., estando prevista a chegada sobre as 2 da madrugada.
O prezo para socios é de 120 € e para non socios de 150 €, o que inclue viaxe en autobús, 1 noite de hotel e entreda ó partido.
Os interesados en participar nesta viaxe ou en recibir máis información, pódense dirixir ó tfno. 625 821 044.
O prazo para apuntarse remata o día 1 de marzo.
Os peñistas, ademáis de acudir ó partido de liga e animar ó Barça, aproveitarán a ocasión para facer turismo pola cidade de Santander.
Esta é a terceira viaxe que organiza a peña nesta temporada, as anteriores foron Xixón e Barcelona. Agora queda pendente unha viaxe á Xuntanza de peñas barcelonistas galegas que se celebrará a segunda fin de semana de xuño no Grove.
A peña tamén participou nunha cea de peñas barcelonistas da mariña lucense e occidente asturiano, na que asimesmo participaron a peña de Burela, Azulgranas Asturgalaicos 12 puentes de Vegadeo e Gran peña occidental de Navia.
Finalmente, a peña convida a todo-los afeccionados da zona a participar nas suas actividades e a xuntarse no restaurante Oliñas do Mar de Benquerencia, para ver os partidos do Barça por televisión, onde se crea un bo ambiente de barcelonismo e amistade
