As monitoras de Gaia do Concello de Burela desprazáronse onte ao colexio Vista Alegre para dar unha charla sobre seguridade infantil no fogar a alumnos de 3º ciclo de primaria .Explicáronlle aos nenos cales son os principais riscos cos que se poden atopar na casa cando se quedan sós, e tamén como deben actuar ante esas situacións.
