O atleta da ACD.XOVE , DAVID OTERO PIGUEIRAS da categoría Alevín proclamouse subcampión da súa categoría no Campionato Galego de Campo a Través-2012.
A competición tivo lugar no Concello de Portas (Pontevedra). Acompañárono no desprazamento a terras pontevedresas, os pais , xunto co adestrador Iván Vazquez.
David Otero xa quedara segundo no Campionato Provincial celebrado en Vilalba , xunto con Carla Gallo(Foz) e Adrián Ben (Viveiro).
