Nota de prensa
Nota de prensa
O espazo Ecogaleguista ponse en marcha este sábado en Compostela cunha trintena de promotor@s e un centenar de adscrit@s
Ecogaleguistas nace como un referente da esquerda renovadora e ecosocialista para traballar a prol da unidade dunha esquerda nacional de ampla base
Compostela, 23 de febreiro de 2012.- Tras quince días de presentacións nas comarcas este sábado 25 de febreiro a partir das 17,00 horas en Santiago de Compostela (no Hotel Virxe da Cerca) reúnese o grupo promotor e os simpatizantes do espazo ecogaleguistas para poñer en marcha un proceso aberto que culmine na construción dunha nova ferramenta política necesaria da esquerda galega renovadora e ecosocialista.
Segundo os seus promotores esta é unha demanda para moitos e moitas desde fai algún tempo pero o 15-M ten creado un antes e un despois que non podemos arranxar mirando para outro lado ou insistindo en vías mortas.
Tratase construír un proxecto para multiplicar non para dividir, pero somos conscientes que ou se aborda unha renovación de ideas e sobre todo de métodos e estilos ou a unidade soamente se converte en falta de diversidade, e o noso país esta necesitado de pluralidade que libere enerxías hoxe ‘cautivas’ ou desalentadas co panorama político, social e cultural actual.
Apostamos por un proceso aberto e dinámico -‘espazo ecogaleguista’-, non pechado nun acto puntual e polo tanto ao que se poidan sumar persoas en calquera momento. Neste momento preivo a posta en marcha xa son perto de un centenar as persoas adheridas e dito proceso.
PROMOTOR*S
A maioría d*s promotore*s son activistas dos movementos sociais e antigos militantes da esquerda política desencantados coa situación da mesma. O encontro de ecogaleguistas do sábado elixira unha Xestora que levará adiante o proceso ata a súa constitución.
Poder ver aqui os 30 primeiros adheridos http://www.ecogaleguistas.org/index.php?option=com_content&view=article&id=73&Itemid=469
Ecogaleguistas conformase como unha iniciativa para sumar e non para restar, por iso non somos alleos aos debates que se están a producir nas forzas políticas da esquerda hoxe existentes, e en particular ás saídas grupais dos ‘renovadores’ do BNG en tanto en canto permiten abrir expectativas sobre novos espazos amplos e plurais na esquerda galega necesarios, nin as contradicións que existen no seo do PSdG.
Ecogaleguistas vai traballar para vertebrar unha ampla alianza que rache coa dinamíca de oposición feble e ausencia de alternativas dos actuais partidos da esquerda e que re-conecte a política coa cidadanía activa.
Cremos que a política do século XXI debe basease en estruturas amplas e plurais sobre o modelo de cooperación política ( e non competitividades ) e debate de ideas cultural, ( e non ideolóxico ) de xeito que a alternativa hexemónica á dereita sexa un proceso propositivo e construtivo.
Pero iso tamén obríganos a desenvolver un polo claro que vaia máis aló dos marcos nos que se van a mover a política actual e incorporar a axenda política elementos de renovación democrática, cultura nacional integradora e os retos económicos&ecolóxicos do século XXI.
ENCONTRO ECOGALEGUISTA
O encontro inciarase ás 17,00 no Hotel Virxe da Cerca de Santiago de Compostela e desenvolverase sobre o seguinte horario:
17,00 -17,30. Benvida e presentación do espazo
17,30 – 18,30 Ideas centrais para un espazo da esquerda verde
18,00- 19,30. Sumando sinerxías: alianza nacional e redes
19,30 -20,00. Organización da Xestora de Ecogaleguistas
20,00 -20,30. Presentación de conclusión e consello e saudos dos convidados
O encontro do sábado rematará ás 20,00 horas cun acto de clausura onde participaran como convidados Jordi Guillot, senador por Entesa e vicepresident de Iniciativa per Catalunya, forza integrada no partido verde europeo e impulsor da rede Espazo Plural; e as organizacións da esquerda galega Mocidade Nacionalista Galega, Esquerda Nacionalista e Encontro Irmandiño.



















A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



