Nota de prensa
O BNG DE BARREIROS PIDE QUE O GOBERNO MUNICIPAL EXPLIQUE OS ORZAMENTOS, OS SERVIZOS QUE VAI MANTER E COMO OS VAI AFRONTAR. OS NACIONALISTAS CALIFICAN AS DECLARACIÓNS DO ALCALDE COMA UNHA CORTINA DE FUME COA QUE SE PRETENDE TAPAR A REALIDADE DAS CONTAS MUNICIPAIS E CÓMO LLES AFECTARÁN ÁS VECIÑAS E AOS VECIÑOS.
Barreiros, 17 de febreiro de 2012. Dende o BNG insisten en que o seu voto contrario aos orzamentos do 2012 vén fundamentado polo que estes supoñen para as e os barreirenses. “O feito de aprobalos a primeiros de ano é importante, de feito o BNG lévao solicitando desde hai moitos anos, sobre todo tendo en conta a costume que existía neste concello, pero cando se presentan os orzamentos, non se pode quedar só niso, senón que se debe explicar o fondo do contido dos mesmos. Que o Alcalde non entre a explicar absolutamente nada do contido dos orzamentos e quede só nunha cuestión formal, demostra o perxudicial que son as contas do 2012 para o conxunto da poboación”, afirman desde o BNG. “Por iso o BNG votou en contra dos mesmos.”
A portavoz nacionalista en Barreiros, Ana Ermida, sinala que “o BNG xa advertiu que se carga sobre as veciñas e os veciños o custe dos servizos, polo que, cando desde o equipo de goberno se afirma que se manterán, deberían explicar cales se van manter e como pensan facelo. Porque, se nos paramos a analizar os orzamentos presentados, pódese ver claramente que os servizos que o Alcalde di que se manteñen son aqueles que pagan as veciñas e veciños cos seus impostos. Este é o caso dos servizos asistenciais, cuxo custe se incrementa excesivamente para as e os usuarios”. Desde o BNG engaden que “por outro lado, servizos como os de salvamento e socorrismo nin sequera aparecen recollidos no orzamento, polo que, tendo en conta que na memoria da Alcaldía que acompaña ás contas se afirma que se suprimirán as contratacións de persoal salvo as financiadas ao 100% con recursos doutras Administracións, debemos entender que non se vai realizar ningunha contratación de socorristas para este verán por parte do Concello de Barreiros”.
Polo tanto, conclúen desde o BNG que “os servizos que se manteñen son a costa de cargar ás veciñas e veciños de impostos e taxas para tapar a mala xestión municipal e os recortes da Xunta”.
A situación actual como consecuencia dunha xestión dos recursos públicos ao servizo do Partido Popular
Pero ademais, o BNG acusa ao alcalde barreirense de tratar de xustificar os recortes pola situación económica actual, sen asumir a súa responsabilidade na xestión, “parécenos insultante que sexa neste momento cando Alfonso Fuente se queixa de que a oposición non colabora. En primeiro lugar, porque foron uns orzamentos presentados polo equipo de goberno, sen dar participación ningunha á oposición e sen, sequera, convocar a Comisión de Contas. Pero é que, ademais, durante anos e anos ignorou as advertencias feitas polo grupo municipal do BNG a respecto da xestión que levaba a cabo na entidade municipal; utilizándoa para satisfacer intereses partidistas”.
“Co recorte de persoal que se presenta nestes orzamentos (pásase de 197 persoas contratadas no 2011 a 83 previstas para este 2012) demóstrase que a xestión de persoal do Concello de Barreiros se estaba facendo con criterios distintos da eficacia e da necesidade dos servizos”, aseguran desde o BNG. Ana Ermida indica que “se da a casualidade de que, segundo os datos presentados na sesión do luns polo propio Concelleiro de Economía e Facenda, os anos de maior número de empregados municipais foron o 2003, 2007 e 2011, anos de eleccións municipais; cando o equipo de goberno utilizaba os cartos de todas e todos para comprar favores electorais para o Partido Popular. En época de bonanza Alfonso Fuente e o Partido Popular fixeron e desfixeron ao seu antollo no goberno municipal. Os cartos ingresados polo Concello esfumáronse sen que as veciñas e veciños viran ningunha inversión ou beneficio neste Concello e sen atender a ningunha das propostas feitas polo BNG. O que non pode pretender agora é responsabilizar aos demais (nin á oposición, nin ás e aos barreirenses) da súa mala xestión e do despilfarro que se estivo facendo estes anos no Concello de Barreiros”.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



