A Asociación PASADA DAS CABRAS de Burela vai a facer o vindeiro domingo día 11 de marzo a RUTA DA AUGA, en Taramundi, de 14 quilómetros e dificultade baixa. Os prezos serán de 20 € para os socios é 25 para os non socios, inclúe autobús e máis xantar. A saída será ás 9 da mañá da Estación de Autobuses de Burela. Para participar é imprescindible anotarse en Gráficas Arfe ou ben no teléfono 982 580 504 antes do venres día 9 de marzo ás 13,00 horas.
A asociación “Pasada das cabras” fará a ruta da auga