Os membros da Comisión Focega en defensa da sanidade pública, reunidos para valorar a entrevista que tivemos co Conselleira de Sanidade, queremos facer a seguinte valoración:
1.- A reunión levouse a cabo nun ambiente e con un trato correcto por ambas partes. O remate da reunión puidemos asistir a unha mostra do funcionamento do 061 que nos pareceu moi positivo.
2.- A Conselleira e os membros da administración manifestaron e defenderon o seguinte:
A presenza da ambulancia medicalizada en Foz e de enorme importancia para as urxencias médicas.
Que o servizo de urxencias existente no Centro de Saúde de Foz por as tardes e moi pouco utilizado.
Que os focenses que acude o PAC de Burela diariamente son moi poucos.
Manexaron cifras de asistencia que da vergoña repetir aquí.
Que tanto a ambulancia medicalizada como o servizo de urxencias médicas de por as tardes do Centro de Saúde de Foz son moi caros e supoñen un costo moi alto.
Tamén comentou a Conselleira que non hai cartos para todas as necesidades, e que cos cartos dispoñibles hai que atender a tódolos galegos.
Por último comentou a Conselleira que Foz está ben servido, que non necesita mais servizos e que somos uns privilexiados.
3.- Os membros da Comisión Focega en Defensa da Saúde Publica manifestamos e defendemos o seguinte:
Foz necesita un servizo de urxencias médicas durante as 24 horas do día. Cando se deseñou o mapa sanitario de Galicia cometeuse unha inxustiza con Foz que non foi reparada ata o día de hoxe.
Foz ten unha poboación por si so maior que a que atenden algúns PACs, como pode ser o de Mondoñedo que atende as persoas de Mondoñedo e Lorenzana. A esa poboación debéselle sumar a que visita Foz en época de vacacións e nas pontes, pois en Foz hai moita segunda vivenda.
Respecto a que persoas de parroquias de Foz teñan mais próximas o PAC de Burela que Foz, tamén temos que mencionar que Barreiros ta mais próximo a Foz que a Ribadeo, e en sentido o hospital nun caso de especial gravidade.
Respecto a ambulancia medicalizada recoñecemos a súa importancia, pero non podemos obviar que e un servizo de toda a Mariña e que con moita frecuencia ausentase da súa base, mesmo para o traslado de pacientes a hospitais da Coruña que supoñen traslados de horas. A ambulancia medicalizada non pode substituír a un servizo de urxencias médicas de 24 horas.
Ríspeto a utilización do servizo de urxencias médicas por as tardes no Centro de Saúde de Foz os focenses coñecemos perfectamente a utilización deste servizo, e está e moi superior o que nos queren facer ver.
Respecto o PAC de Burela, todos os mariñáns coñecemos a masificación e as largas esperas a que nos ten acostumados, pois e un PAC que atende a concellos que suman moitos miles de persoas, mais que ningún outro PAC de Galicia, e mais aínda en época estival.
Tamén lle solicitamos a Conselleira que repoña a ambulancia da quenda de noite que foi retirada, así como que reforzase o Centro de Saúde de Foz cara o verán, e que se cubrisen as baixas médicas, sen obter ningún compromiso pola súa parte.
4.- Para rematar, os membros da Comisión Focega en Defensa da Saúde Publica, recordámoslle a Conselleira que na lexislatura anterior Balseiro presentou dúas mocións no Parlamento de Galicia pedindo a creación dun PAC e de un servizo de urxencias 24 horas no Centro de Saúde de Foz, e que contaron co voto favorable do partido popular. Tamén lle recordamos que ela mesma, a que hoxe e Conselleira de Sanidade, fai tres anos, díxonos os membros da Comisión Focega en Defensa da Saúde Publica que recoñecía os compromisos acadados, pero que tiña tres anos para levalos a cabo. Ante estes comentarios a Conselleira non dixo nada, aínda que recoñeceu que se fixeran eses compromisos.
Ante todo isto, os membros da Comisión Focega en Defensa da Saúde Publica, sentímonos decepcionados por a falta de compromiso da Consellería de Sanidade cos urxencias médicas de Foz, e por o incumprir as promesas feitas.
Remitido