Nota de prensa
AVV O Tesón
Ribadeo, 20120317
A AVV O Tesón comezou o venres 9 un novo ciclo de catro actividades de cine forum co nome xenérico de ‘Indignados’. A primeira película comentada foi Taking Root (‘Collendo raíces’), a historia do movemento ‘cinturón verde’ e Wangari Maathai, premio Nobel da Paz. A segunda, que tivo lugar este venres, foi “Una verdad incómoda”, cinta na que Al Gore, político estadounidense, expón os feitos do cambio climático e aboga por un cambio de mentalidade para resolver o problema.
No debate, no que se superou as vinte persoas, sacou a relocer diferentes visións do problema, así como circunstancias que fan del un tema non só social, senón tamén político e económico.
O ciclo continúa o próximo venres no mesmo lugar, o Salón de Actos da Casa do Mar de Ribadeo, e á mesma hora, as 20:00, coa proxección de “Inside Job” (“As interioridades do traballo”), película documental que foi premiada cun Oscar e que pon o descuberto algunhas prácticas de relacións de traballo e producción. Rematará unha semana máis adiante con “La doctrina del shock”.
Calquera dos venres, a actividade, de participación libre e gratuíta, consistirá nunha pequena charla presentando a película, o pase correspondente, unha animación á posta en común e a propio foro de ideas e sentementos sobre a temática.
Lémbase que ó igual que os anteriores ciclos promovidos pola asociación veciñal, este está a desenvoltarse en catro fins de semana seguidos, dos que faltan os venres 23 e 30 de marzo.























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



