O CONCELLO SOLICÍTALLE UNHA SUBVENCIÓN Á XUNTA PARA PROCEDER Á CONTRATACIÓN DAS 12 PERSOAS QUE FORMARÁN PARTE DO GRUMIR ATA FINAIS DE ANO. GONZÁLEZ BARCIA AGARDA QUE NO PRAZO DUN MES ESTE GRUPO POIDA ESTAR TRABALLANDO.
Burela, 30 de marzo de 2012. O Concello ven de solicitarlle unha subvención á Xunta para proceder á contratación das 12 persoas que formarán parte do Grumir ata finais do ano. O alcalde, José Mª González Barcia, agarda que no prazo dun mes aproximadamente este grupo poida estar en funcionamento.
Barcia explicou que “o Concello acaba de solicitar á Xunta unha subvención para proceder á contratación das doce persoas que formarán parte do Grumir ata o 31 de decembro deste ano. Como se sabe desde a Xunta o que se fai é establecer un plan de cooperación cos Concellos para a contratación de xente que está no paro. E neste sentido en función da orde feita pública o pasado 12 de marzo nós imos solicitar esa subvención e imos pedir a contratación anticipada destas doce persoas para non esperar que nos chegue a resolución da concesión da subvención é poder poñer en funcionamento o Grumir canto antes”. O alcalde asegurou que “non poido adiantar prazos porque sería arriscado, pero agardo que dentro de aproximadamente un mes poidamos ter funcionando e plenamente operativo o Grupo Municipal de Intervención Rápida. Estas doce persoas establecéndose en turnos cubrirán as 24 horas do día desde que comecen o contrato ata o 31 de decembro”. A contía da subvención solicitada ascende a 172.398,24 euros.
O rexedor burelés engadiu que “tamén estamos a preparar a petición de máis subvencións para a contratación de desempregados no marco desa orde do pasado 12 de marzo na que, por exemplo, solicitaremos a concesión dunha subvención para a contratación de 10 socorristas para a época estival co obxectivo de que as nosas praias estean perfectamente atendidas en materia de seguridade”. Neste caso os 10 socorristas traballarán tres meses a xornada completa. O importe da subvención que se solicitará á Xunta sitúase nos 50.475,60 euros.
Remitido






















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



