O Partido Popular pregúntase cando o goberno presentará en pleno o plan de axuste, que elaborou sen informar nin buscar consenso co PP
O Partido Popular local critica que sexa máis caro vivir en Mondoñedo dende que Orlando González é alcalde
O Grupo Popular manifesta o seu malestar por unha nova subida das taxas
O PP mindoniense tamén lle pide a González Cruz que axilice a resolución das alegacións presentadas polos populares en relación coa ITE para que a ordenanza sexa o menos custosa para os veciños
Mondoñedo, 29 marzo do 2012.- O Grupo Popular Municipal critica unha nova subida de taxas que vén de ser aprobada no pleno celebrado onte, unha decisión que provoca que vivir en Mondoñedo sexa máis caro dende que Orlando González Cruz ostenta o cargo de rexedor local.
Segundo explica a portavoz local, Elena Candia, trátase dunha nova decisión tomada sen planificación previa e sen mostrar xustificación algunha e de forma unilateral. Candia explica que o rexedor local aproba este tipo de iniciativas propostas pola súa corporación, mentres que se opón a outras que se ven obrigadas a tomar gobernos que non son da súa cor política dada a situación económica, incluso chegando a repartir dípticos da folga xeral.
Candia tamén fai referencia á regulación da Inspección Técnica de Edificios, unha proposta de ordenanza á que o Partido Popular presentou unha serie de alegacións para evitar que os custes sexan sufragados polos veciños en vez de polos servizos técnicos do órgano municipal ou polo propio Concello. Alegacións sobre as que, segundo explica Candia, o grupo de goberno non manifestou ningún tipo de posicionamento durante o pleno de onte.
Pola contra Candia agradece que o grupo de goberno empece a asumir a súa responsabilidade e tras solicitalo en varias ocasións polo Partido Popular, o bipartito comece a traballar en torno a elaboración dun Plan de Emerxencia para a localidade. Segundo explica a portavoz local, o grupo popular presentou unha moción o pasado 28 de febreiro para que se habiliten os recursos humanos e materiais necesarios para a elaboración inmediata dun plan de emerxencia para o rural e o casco urbano de Mondoñedo. Segundo explica Candia, é “imprescindible, tendo en conta a situación do noso casco histórico, a dispersión da poboación e o descoñecemento da localización das tomas de auga”.
Así mesmo, a falta de menos dun día para presentar o plan de axuste, Candia pregúntase cando o equipo de goberno convocará de forma oficial o pleno onde presente este plan, para cuxa redacción o bipartito, segundo explica Candia, non convocou ningunha reunión explicativa e de consenso co grupo Popular e que agora “pretenderán que aprobemos en pleno un plan do que non temos información e que afectará aos próximos dez anos de xestión local”.





















O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



