O PREGON DE MARISOL
O vindeiro sábado 31/3/12 dan comezo en San Martiño os actos programados para a celebración da Semana Santa que. como é habitual, encétanse co pregón que nesta ocasión, e por vez primeira na historia, vai ler unha muller, focega, en canto que filla de pais nados neste concello: Guillermo Moreda Oroza e a súa dona Lolita Fernández, nas parroquias de Santiago de Foz e San Pedro de Cangas, respectivamente, falecidos o ano 1977. No cemiterio desta última repousan os restos de ámbolos dous.
Guillermo Moreda, a quen todos coñecíamos polo segundo apelido – Oroza – foi un home culto por estudoso e esforzado, o que permitiulle acadar unha formación moi por enriba do que era a media naquela sociedade de tantas carencias, e chegar a ocupar postos de liderago no organigrama do Instituto Social da Marina, labor ó que entregou boa parte da súa vida, con ilusión e entusiasmo, persoeiro de grande prestixio.
A súa filla Marisol, xornalista de ampla traxectoria, muller dinámica e emprendedora, amante da terra dos proxenitores herdou deles, sen dúbida resultas das vivencias cotiás de tan arriscada profesión, o amor polas xentes mariñeiras que concienciaron a súa sensibilidade a prol dese gremio que a impulsou a tomar sobre os seus hombreiros a responsabilidade da asociación “Herederos de la mar”, por ela inspirada, con obxetivos ambiciosos. dende a que se ven impulsando unha serie de melloras non só de tipo económico, senon tamén de atención a diversos aspectos que inciden na dignificación e no desenvolvemento social, cultural e humano. Marisol, que ten publicados media ducia de libros, aporta a “Herederos de la mar” os beneficios que os mesmos lle reportan.
Como colofón á súa intervención, a Coral Polifónica de Foz, que vive o mellor momento artístico da súa historia, baixo a dirección de Carmen Alonso Leal, ofrecerá o que é tradicional concerto de apertura no marco inigualable da basílica. Posiblemente se lembre por moito tempo éste como “o pregón de Marisol”….
Suso Fernández






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



