240 lucenses redescobren esta semana as comarcas da Zona Sur e A Mariña grazas ás rutas de Km0
– Sober, O Incio, Portomarín, Viveiro e Ribadeo son os destinos da programación que se desenvolverá entre hoxe e o xoves
– Díaz Valiño recibiu a 30 integrantes do Club de Bolos O Cadaval de Castro de Rei e a 24 lucenses anotados de xeito individual, que fixeron os itinerarios Adegas e Miradoiros, e Catro Cabaleiros, respectivamente
As rutas do programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo contan esta semana con 240 participantes, que redescubrirán o patrimonio paisaxístico e monumental, así como as características socioeconómicas das comarcas da Zona Sur e A Mariña grazas ás seis rutas organizadas, unha delas con actividades multiaventura. Sober, O Incio, Portomarín, Viveiro e Ribadeo son os destinos dos itinerarios, que servirán ademais para dinamizar a actividade hostaleira e artesá destas cinco localidades lucenses, contribuíndo a desestacionalizar as visitas.
Un grupo de 30 integrantes do Club de Bolos O Cadaval de Castro de Rei e 24 lucenses anotados de maneira individual inauguraron hoxe a programación realizando as rutas Adegas e Miradoiros, e Catro Cabaleiros, respectivamente. O Deputado de Cooperación e Asistencia aos Concellos, Juan José Díaz Valiño, recibiu ós dous colectivos no Salón de Actos do Pazo de San Marcos. Os veciños de Castro de Rei coñeceron despois as instalacións da Fundación TIC e, xa en Sober, gozaron dunha degustación na Adega Algueira e dunha comida no restaurante do mesmo nome. Logo realizaron parte da ruta de Pena do Castelo e visitaron o Santuario de Cadeiras e un obradoiro de olería de Gundivós. Pola súa banda, os lucenses inscritos de xeito individual achegáronse ó embalse de Vilasouto, comeron no restaurante o Cabazo do Incio e fixeron parte da ruta de Catro Cabaleiros.
Mañá mércores, 55 membros da Asociación Cultural de Veciños de San Juan do Campo, de Lugo, e outros 55 integrantes do colectivo veciñal Laxe Blanca do Corgo viaxarán á Mariña. No caso da agrupación lucense, a ruta será por Viveiro. Deste xeito, tras unha visita á Fundación TIC, comerán no restaurante Val do Naseiro para coñecer despois o eucaliptal de Chavín, o convento de Valdeflores e o miradoiro de San Roque. O colectivo do Corgo, pola súa parte, tras visitalo Pozo do Ollo, desprazarase a Ribadeo, onde comerá no restaurante Marinero, fará unha travesía pola ría en lancha e percorrerá o casco histórico e o convento das Clarisas.
O programa da semana rematará o xoves con dous itinerarios por Portomarín, do que gozarán 55 membros da Asociación de Mulleres Rurais O Chao de Ribeira de Piquín, e por Ribadeo, que farán 24 usuarios da delegación lucense da Confederación Española de Agrupacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental (FEAFES). No caso do grupo de Ribeira de Piquín achegaranse ata o Centro de Interpretación Terras do Miño, no paseo lucense do Rato, e logo pasearán polo Cub Náutico, e visitarán as igrexas de San Pedro e San Juan, o casco histórico e a panadería La Piña. A comida terá lugar no restaurante portomarinense Pousada. Os usuarios de FEAFES, tras coñecelas dependencias da Fundación TIC, gozarán dunha xornada de multiaventura na vila ribadense, onde comerán no restaurante La Solana.
Inscrición rápida e sinxela
Todos os interesados en participar en Km0 poden inscribirse de xeito rápido e sinxelo chamando ó número de teléfono 982-26-00-74/75; ou entrando en www.deputacionlugo.org onde, dende a portada, deberán acceder ó espazo Km0, cubrir o formulario e envialo á km0@deputacionlugo.org A continuación, poderán efectuar o pago, que será de 8 euros para grupos de menos de 24 persoas e individuais, e de 5 euros para grupos de máis de 24 persoas. Quedan excluídos da modalidade de pago todos os colexios e institutos públicos. A institución facilita dúas modalidades de pago: persoalmente no servizo de Tesourería (Pazo de San Marcos) ou nas sucursais de NovaGalicia (co número de conta 20800152663110001425).
A reserva e pago das rutas tamén pode facerse a través da plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com da Deputación, onde o usuario ten que pinchar, á esquerda do portal, no apartado Ocio, onde atopará un link cos itinerarios. Optando por esta alternativa os participantes teñen un desconto do 10% no custe das actividades.
Remitido





















As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Pode visitarse ata outubro e explica como se producía o ferro na antigüidade. O documental “Da pedra ao ferro” publicarase proximamente na web do Museo.
Asistiron o tenente coronel Rubén García Díez, que é xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o comandante Féliz Rodríguez Alcántara, segundo xefe do Grupo de Honores da Garda Real; o capitán Miguel Martínez Vilela, xefe da Escuadrilla Plus Ultra da Garda Real; así como persoal da devandita escuadrilla. O obxectivo da xuntanza foi coñecer a labor deste grupo do Exército, as actividades que desenvolve e a posibilidade de que algunha delas se poida levar adiante en Ribadeo. Tamén participaron a concelleira de Seguridade, Montse Seijo, e o xefe da Policía Local, Andrés Redondo.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.
Ofreceranse as seguintes modalidades e horarios: adestramento de forza/funcional os luns e mércores ás 9.00 horas; pilates os luns e mércores ás 11.00 horas; e TRX os martes e xoves ás 9.00 horas. A inscrición e a información sobre estes cursos realizarase na recepción da Piscina Municipal. Ademais, durante este mes habilítase a opción de proba gratuíta.



