Jose Manuel Balseiro sinala que os beneficiosos incentivos do Plan Impulsa Lugo fan da nosa provincia o emprazamento ideal para novos proxectos empresariais
A MARIÑA LUCENSE PODE CONVERTERSE NA CAPITAL GALEGA DA ACUICULTURA GRAZAS AO IMPULSO DA XUNTA
A inmensa maioría dos concellos do litoral lucense cumpren os criterios mínimos e os condicionantes ambientais e paisaxísticos para converterse na localización de novas piscifactorias: emprazamentos situados preto do mar, con cotas topográficas baixas e dispón dunha calidade biolóxica excelente nas súas augas
A Mariña, 17 de abril de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro rexistrou unha pregunta parlamentaria na que se interesa polos incentivos que o plan da Xunta Impulsa Lugo contempla en beneficio das empresas acuícolas que decidan establacer as súas piscifactorías na nosa provincia. Deste xeito, as bisbarras da Mariña lucense poden converterse na capital galega de acuicultura -grazas ao impulso da Xunta- xerándose novas oportunidades de emprego e novos proxectos empresariais.
Jose Manuel Balseiro lembrou que o Goberno galego vén de aprobar nas pasadas datas a Estratexia Galega da Acuicultura e o Plan de Acuicultura do Litoral, que recollen a planificación estratéxica desta industria dedicada á cría de peixes en catividade para os próximos anos. Nestas ferramentas se establecen os criterios -fundamentalmente condicionantes de tipo ambiental e de integración paisaxística- para que poidan instalarse novas piscifactorías ou ampliacións das xa existentes nos distintos puntos do litoral. Segundo explica Jose Manuel Balseiro, a inmensa maioría dos concellos da costa lucense cumpren estes criterios, polo que nesta comarca habería disponibles localizacións situadas preto do mar, en cotas topográficas baixas -o que reduce o custe en enerxía para impulsar a auga do mar ata as piscinas das piscifactorías- e con disposición dunha excelente calidade biolóxica nas súas augas.
En definitiva, a través desta pregunta parlamentaria Balseiro quere coñecer os incentivos que fan da costa lucense un espazo ideal, en contraposición ao resto do litoral galego. O voceiro popular do Mar amósase convencido a que nun momento de crise como o actual e, de xeito especial, polos condicionantes económicos que hoxe existen á hora de poñer en marcha novos investimentos, as empresas acuícolas saben que si apostan pola creación de novas piscifactorías na costa lucense poderán ter unha dobre vantaxe: xa que nesta provincia a Xunta puxo en marcha o Plan Impulsa Lugo que contemplan unha liña de axudas específicas para a dinamización deste tecido empresarial
Remitido


















Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
Dez minutos antes das 21:30 horas do xoves, o 112 Galicia foi informado polo persoal de Adif dun tren detido no medio dun túnel en Mogor, Mañón, debido a unha chapa metálica no medio da vía. Así, aínda que as doce persoas que viaxaban a bordo estaban ilesas, precisaban medios de rescate para baixalas do convoi e desprazalas ata o apeadeiro máis próximo. Nestas tarefas colaboraron a Garda Civil, os Bombeiros do Eume, o GES de Ortigueira e os voluntarios de Protección Civil de Mañón. Finalmente, as persoas foron rescatadas e evacuadas a outro tren, que as levou ata o apeadeiro sen maiores complicacións. Desde alí, continuaron a súa viaxe en taxi.
Competirán durante tres días xunto a outras dezaseis escolas de todo o mundo, elaborando catro propostas de pizza: Polbo á galega, con polbo galego, queixo San Simón e allada picante; Bosque galego, con crema de castañas e mel picante; Terra meiga, con zorza picante; e Rapadoira, con setas, queixo azul e pera. As estudantes viaxan acompañadas pola súa profesora, Conchi Carreiras, coa que levan tempo preparando as receitas. Esta é a terceira participación do IES de Foz neste certame, no que xa acadaron un segundo posto en edicións anteriores. A actividade forma parte do programa Erasmus+ da FP, financiado pola Unión Europea, que facilita a participación do alumnado en competicións de habilidades profesionais por toda Europa.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.
Ás 15:15 horas deste martes, un particular solicitou asistencia sanitaria tras a caída dun raio no lugar de Castro de Igrexa (Cazás, Xermade). Varias persoas sentiron os efectos da descarga eléctrica e unha delas quedou atolada. Tras dar aviso ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Garda Civil e Protección Civil, a persoa afectada foi evacuada consciente ao Hospital Universitario Lucus Augusti.
A exposición, instalada no Centro Comarcal Pazo de San Tomé, invita a observar con calma, descubrir historias e poñer en valor un patrimonio vivo que forma parte da nosa identidade. Unha maneira diferente de achegarnos ao mundo rural que tanto significa para As San Lucas.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.



