O martes día 24 de abril iniciarase o curso “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet” na aula da Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia CeMIT de Burela. O curso rematará o 8 de maio e o seu horario será de 19:00 a 20:00 horas. Na vindeira semana comezará tamén o curso “Alfabetización dixital: Uso de Redes Sociais”. O curso comezará o 27 de abril, finalizará o 7 de maio e impartirase en horario de 11:00 a 12:30 horas. A Aula CeMIT de Burela anuncia tamén que comeza o prazo para inscribirse ao curso multimedia e audiovisual “Deseño Gráfico”, o cal, comezará o 18 de xuño, contará con 15 horas de duración e impartirase por sistema de videocolaboración. O prazo para incribirse a este curso rematará o vindeiro 27 de abril. Para solicitar máis información poden dirixirse á Aula CeMIT de Burela sito Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es
A aula CEMIT de Burela comezará dous novos cursos na vindeira semana
A aula CEMIT de Burela comezará dous novos cursos na vindeira semana
Relacionado
-
A Casa da Cultura acolleu este sábado a entrega de premios do XV certame de fotografía Cervo Respecta
-
Nova concentración de Modepen Ribadeo
-
A Praza da Pulida de Cariño foi escenario este venres da representación da obra ‘Costa da Morte: Cartografía dun naufraxio’, dentro da xira de presentación desta coprodución do Centro Dramático Galego coa creadora Mariña Lestón