FERNANDO SUÁREZ INSISTE EN QUE A COMISIÓN PRO RESIDENCIA DE MAIORES EN RIBADEO QUERE REUNIRSE COA CONSELLEIRA DE TRABALLO E BENESTAR, TAL E COMO SE COMPROMETEU NO SEU DÍA A DELEGADA TERRITORIAL DA XUNTA. O REXEDOR CONSIDERA QUE TODAS AS ADMINISTRACIÓNS DEBEN TRABALLAR CODO CON CODO EN ASUNTOS DESTA IMPORTANCIA.
Ribadeo, 13 de abril de 2012. O alcalde de Ribadeo e portavoz da comisión pro residencia de maiores , Fernando Suárez, quere reunirse coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e non con segundos ou terceiros espadas dese departamento. Suárez Barcia aludiu ao compromiso realizado pola delegada territorial da Xunta hai meses e dixo que todas as administracións deben traballar codo con codo en asuntos desta envergadura.
Suárez Barcia dixo que “me gustaría aclarar, con toda a educación e toda a cordialidade, as declaracións efectuadas polo presidente do PP local nas que acusaba ao alcalde de non aceptar unha entrevista cun cargo intermedio da Consellería de Traballo e Benestar sobre o tema da residencia da terceira idade para Ribadeo”. O rexedor e portavoz da devandita comisión sinalou que “a comisión que temos formada desde hai un tempo con representantes de todos os grupos da Corporación e desta plataforma de asociacións veciñais, que está a funcionar razonablemente ben e na que por parte deste alcalde, como alcalde de todos os veciños e veciñas de Ribadeo, e como representante do BNG non vamos a romper pola nosa parte. Pero sí queremos referirnos ás entrevistas que mantivemos co vicepresidente e co presidente da Deputación de Lugo e coa delegada territorial da Xunta, Raquel Arias. Neste último caso ela mesma comprometéuse a que no mes de marzo nos había recibir a conselleira de Traballo e Benestar da Xunta, entendendo que é a comunidade autónoma quen ten as competencias básicas para a construcción de residencias da terceira idade”.
O alcalde ribadense lembrou que “o tempo foi pasando e durante todo o mes de marzo a entrevista non se chegou a concretar, a pesares das comunicacións escritas e verbais que tiven coa delegada territorial da Xunta, aínda que ela sempre de boa fé e con moita axilidade me confirmou que a conselleira nos recibiría nos seguintes días. O tempo foi pasando e a semana pasada unha persoa da Xunta nos ofreceu unha entrevista cun cargo intermedio da Consellería, e eu como alcalde e como voceiro desta comisión lle indiquei que a delegada territorial nos asegurara que íamos manter unha entrevista coa conselleira e que nós nos queríamos reunir co máximo responsable nesta materia despois do presidente da Xunta”.
Fernando Suárez subliñou que “desde a comisión, desde o goberno municipal e eu como alcalde e como cidadán quero reunirme coas persoas que quedan conmigo e con nós para ter unha xuntanza e non con terceiros. E a gravidade e a magnitude fan indispensable reunirse cunha conselleira e non cun cargo intermedio. Isto é canto debo aclarar, máis aló de que días despois esta plataforma de asociacións de veciños convocara unha manifestación para o 22 de abril, á que eu, como moitos máis veciños e veciñas, acudirei e apoiarei porque nos parece que todos os políticos e todas as institucións debemos traballar codo con codo e non empezar a discurtir e buscar entre todos o esforzo colectivo, dado que a situación económica é moi severa en moitos aspectos”.
E insistiu en que “todos debemos traballar codo con codo para conseguir unha residencia en Ribadeo, que veña a suplementar a ésta que xa temos agora mesmo, que é municipal, que está rexida por unha congregación relixiosa que o está a facer moi ben ademáis, pero que é insuficiente en número de prazas. Como alcalde e como portavoz desta comisión non queremos polemizar co PP, pero ao césar o que é do césar e os compromisos que a delegada territorial nos deu queremos que se cumpran. Queremos que nos reciba a conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, e non ningún segundo ou terceiro espada do seu departamento”.
Remitido



















Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



