O VINDEIRO XOVES CELEBRARÁSE UN PLENO EXTRAORDINARIO NO CONCELLO PARA QUE A CORPORACIÓN MUNICIPAL SE MANIFESTE A FAVOR DO TRABALLO REALIZADO PARA CONSEGUIR UNHA RESIDENCIA DE MAIORES EN RIBADEO.
Ribadeo, 17 de abril de 2012. O xoves, 19 de abril, celebraráse un pleno extraordinario no Concello de Ribadeo para que a Corporación se manifeste a favor de todo o traballo realizado co fin de conseguir unha residencia de maiores na vila. O alcalde, Fernando Suárez, que tamén é presidente da comisión institucional pro residencia, agarda que os e as ribadenses acudan á manifestación convocada para o domingo pola plataforma de asociacións veciñais.
O rexedor explicou que “no día de onte, atendendo a unha convocatoria que nos facía a plataforma de asociacións de veciños que desde hai tempo veñen traballando para reivindicar a creación dunha residencia da terceira idade en Ribadeo, xuntamos a esta comisión institucional da que formamos parte as diferentes formacións políticas da Corporación de Ribadeo xunto tamén con esta plataforma, e acordamos celebrar un pleno extraordinario no Concello”. Suárez Barcia contou que “será este xoves, 19 de abril, ás 9 da mañá e onde a Corporación se manifestará a favor de todo este traballo que se leva facendo, social e institucionalmente, para conseguir unha residencia de maiores en Ribadeo, sabendo das dificultades económicas que pasan todas as administracións, pero sabendo tamén que temos que dar o mellor de nós, desde o punto de vista político, e antepoñer os intereses de Ribadeo por enriba de calquera outro de tipo político e partidario”.
Para o alcalde ribadense “este pleno ven revestir de formalidade algo no que xa levábamos tempo traballando e con certa sintonía entre todos. Este pleno é tamén produto dun texto conxunto, que estamos a elaborar entre todos, para que todos o poidamos apoiar de maneira unánime a ser posible, ou máis que posible sería recomendable”.
Fernando Suárez lembrou que “o vindeiro domingo, 22 de abril, haberá unha manifestación convocada pola plataforma de asociacións de veciños en Ribadeo e todos os representantes dos grupos políticos que nos reunimos onte no Concello prestámoslle o noso apoio e alí estaremos a título individual ou colectivo, pero será boa cousa que os veciños e as veciñas de Ribadeo tamén presten o seu apoio a esta manifestación acudindo a ela”.
Remitido























O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



