A CORPORACIÓN MUNICIPAL APROBOU POR UNANIMIDADE UNHA PROPOSTA DE SOLICITUDE DE CONSTRUCCIÓN E POSTA EN MARCHA DUNHA RESIDENCIA DA TERCEIRA IDADE EN RIBADEO E O SEU APOIO Á PLATAFORMA DE ASOCIACIÓNS VECIÑAIS.
Ribadeo, 19 de abril de 2012. A Corporación Municipal aprobou por unanimidade no pleno extraordinario celebrado esta mañá unha proposta de solicitude de construcción e posta en marcha dunha residencia da terceira idade en Ribadeo e o seu apoio á plataforma veciñal que tamén reclama esta infraestructura.
O alcalde, Fernando Suárez, sinalou que “neste pleno importante e extraordinario que tivemos ás nove da mañá, eu como alcalde tampouco quero aportar nada máis do que é a miña colleita propia ou da miña formación política, máis aló do que acordamos entre todos. É un signo moi importante para o presente e para o futuro inmediato que todos os concelleiros das diferentes formacións políticas que estivemos no pleno desta mañá asentísemos e estivésemos de acordo básicamente nos catro puntos que aprobamos unánimemente”.
O pleno acordou apoiar a reivindicación da construcción e posta en marcha dunha residencia da terceira idade en Ribadeo e as xestións feitas pola comisión institucional, conformada polos representantes dos grupos políticos e por membros da plataforma de asociacións veciñais; solicitar da Xunta, como institución determinante na consecución deste obxectivo, a inclusión e previsión en Ribadeo dun centro residencial para maiores dentro do Mapa de Residencias de Galicia que está elaborando; reclamar o necesario apoio, a colaboración e o compromiso do conxunto das diferentes administracións para a consecución deste obxectivo, “porque aínda que a Xunta teña un papel determinante e fundamental debemos todos lograr que o resto de administracións acheguen o hombro nun momento de tanta dificultade económica”, dixo o rexedor. E o pleno acordou tamén apoiar a manifestación convocada pola plataforma de asociacións veciñais para o vindeiro domingo, 22 de abril, ás 12 da mañá na praciña de San Roque.
Suárez Barcia indicou que “como alcalde e como portavoz do meu grupo non quero aportar nada máis e nada menos que o que entre todos acordamos aquí e que non é pouco”. O rexedor considera que “todos estamos a dar un exemplo de que debemos estar por enriba das cuestións partidarias ás que todos estamos adscritos para poñer a cuestión da residencia por enriba de todo iso porque é algo que os veciños e as veciñas de Ribadeo merecen”.
Remitido




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



