![]()
A Deputación impulsa a ruta automobilística Eo-Terras de Burón, que rexurde tras 12 anos para potenciar o turismo medioambiental
– A Deputada de Medio Ambiente, o Alcalde fonsagradino e o presidente do Club Rutas de Galicia, José Manuel Vega, presentaron o encontro, que terá lugar este domingo e luns
– Unhas 160 persoas gozarán do itinerario, que discorrerá ó longo de 190 quilómetros por Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Trabada, Ribadeo e Riotorto
– Sonsoles López anunciou que un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC gravará e editará un CD sobre a ruta, que se distribuirá entre medios de comunicación de toda España para contribuír á súa difusión e continuidade no tempo
A Deputada de Medio Ambiente e Enerxías Renovables, Sonsoles López Izquierdo, o Alcalde da Fonsagrada, Argelio Fernández, e o presidente do colectivo organizador, o Club Rutas de Galicia, José Manuel Vega, presentaron este venres na Sala de Xuntas do INLUDES a XI Ruta do Eo-Terras de Burón, un evento que volve a celebrarse tras 12 anos de parón con aires totalmente renovados, pois pasa de ter un carácter principalmente deportivo a ampliar os seus obxectivos cara a promoción do turismo medioambiental na provincia. De feito, os participantes poderán realizar o itinerario en calquera tipo de automóbil: 4×4, todo terreo, turismo ou moto trail. O encontro automobilístico terá lugar este domingo e luns, coincidindo coa ponte do Primeiro de maio para favorecer a participación.
Segundo anunciou López Izquierdo na rolda de prensa, a Deputación de Lugo colaborará co Club Rutas de Galicia coa gravación e edición dun CD sobre o certame, que se distribuirá entre medios de comunicación de toda España para incrementar a súa difusión e facilitar a continuidade no tempo da actividade. Das tarefas de elaboración do traballo audiovisual ocuparase un equipo de alumnos e profesionais da Fundación TIC, dependente do organismo provincial.
A organización espera que tomen parte na ruta turística uns 80 vehículos, o que supoñerá unhas 160 de persoas, entre condutores e acompañantes. Os inscritos son da provincia de Lugo, pero tamén do resto de Galicia e incluso de fóra da comunidade autónoma, pois está prevista a participación de persoas chegadas de Madrid. O itinerario ten 190 quilómetros de lonxitude, que se dividirán en dúas etapas –unha o domingo e outra o luns- e discorrerá polos municipios de Baleira, A Fonsagrada, Ribeira de Piquín, A Pontenova, Trabada, Ribadeo e Riotorto.
A Deputada de Medio Ambiente destacou que o organismo provincial “ten que estar sempre do lado de iniciativas coma esta, pois coincide cun dos obxectivos fundamentais da Deputación: aproveitar os extraordinarios recursos medioambientais da provincia, sobre todo as nosas Reservas da Biosfera, para convertelos na verdadeira oportunidade económica de Lugo, xeradora de riqueza e emprego”. Sonsoles López engadiu que o Goberno provincial “está envorcado neste propósito dende o ano 2007, e especialmente neste 2012, cando conmemoramos o 10º aniversario da declaración de Terras do Miño como Reserva da Biosfera pola UNESCO”. “Esta mesma semana presentamos a terceira gala Lvcvs Moda, precisamente dedicada a Terras do Miño; convocamos o I Concurso de Novos Deseñadores lucenses; organizamos un programa de rutas didácticas para escolares, que arrancará o 5 de maio; exposicións, un concurso de fotografía, conferencias… Todas, accións encamiñadas a potenciar o desenvolvemento das Reservas da Biosfera, pois é un valor que non estamos dispostos a desaproveitar”, subliñou.
O encontro que organiza o Club Rutas de Galicia, indicou a Deputada, “vai pola mesma senda, potenciando a Reserva do Río Eo, Oscos e Terras de Burón, un espazo do que a Deputación non é a máxima responsable, pero que non por iso deixamos de lado. De feito, este territorio estivo incluído nas actuacións de desenvolvemento que levamos a cabo a través da primeira fase do programa Lug02, dotado en conxunto con 5 millóns de euros”.
Respectuoso co entorno
Pola súa banda, o Alcalde da Fonsagrada, ó igual co presidente do Club Rutas de Galicia, recalcou que se trata dun itinerario que respecta o medio ambiente, pois na súa maioría discorre por asfalto, e está dirixido a todo tipo de persoas, dende os afeccionados a este tipo de rutas automobilísticas, como a un público familiar. Non ten un carácter competitivo, engadiu Argelio Fernández, “senón que se trata de pasar unha fin de semana agradable coas amigos ou coa familia, gozando en vivo e en directo das nosas paisaxes, cultura e gastronomía, pero tamén do contacto coas nosas xentes, que son un dos activos máis importantes da nosa terra”. O rexedor fonsagradino indicou así mesmo que toda esta riqueza “quedará na retina dos participantes, que seguro farán de bos embaixadores da provincia”.
Neste mesmo senso, o presidente do Club Rutas de Galicia incidiu en que a ruta reverterá na actividade económica da zona pola que discorrerá o itinerario, “pois os participantes poderán comer en calquera restaurante da zona, facer paradas en establecementos ou mesmo respostar gasolina”. José Manuel Vega avanzou así mesmo que esta actividade é o punto de partida dunha ampla programación que levará a cabo a agrupación que preside, como rutas de sendeirismo ou en bicicleta de montaña.
Posta de largo de Rutas de Galicia
A ruta automobilística organizada para esta ponte de maio pola comarca do Eo e Terras de Burón supón a posta de largo do Club Rutas de Galicia, unha asociación sen ánimo de lucro que foi constituída hai un ano e medio retomando a actividade do colectivo Rutas del Eo, organizador nos 90 das dez edicións celebradas da Ruta do Eo-Terras de Burón. O novo colectivo, fundando por 5 socios veciños da provincia lucense, abre os seus obxectivos do ámbito deportivo orixinal ó turístico, e incorpora o uso das novas tecnoloxías nas rutas. Deste xeito, no seu portal web www.rutasdegalicia.es os usuarios poden visualizar e descargar os percorridos que ten preparados a agrupación e realizalos usando dispositivos de navegación. A agrupación está adherida a wikiloc.com o sitio web de referencia na Rede para descubrir e compartir rutas ó aire libre.
























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 
