O PP de Mondoñedo continuará a traballar para mellorar a situación da cidade, pese a que esta actitude dos populares moleste ao bipartito
• A situación xerada en torno ao comunicado enviado polo PP demostra as ganas de polémica do bipartito e a pouca implicación dos nacionalistas e socialistas en proxectos reactivadores da cidade
• O PP local asegura que Mondoñedo non merece estas actitudes, xa que os veciños necesitan que se incentive o emprego e non as disputas absurdas e sen beneficio dos gobernantes
• O PP pídelle ao bipartito que asuma a responsabilidade de gobernar xa que dende que Orlando González tomou a alcaldía Mondoñedo estase a converter nunha cidade máis cara e incómoda para vivir e traballar
Mondoñedo, 14 abril de 2012.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Mondoñedo manifesta unha vez máis a súa pretensión de traballar a reo para que a mesa de seguimento creada principalmente para o fomento do emprego na cidade, e formada por iniciativa do grupo popular, alcance resultados positivos.
O PP asegura que o obxectivo é que se leven a cabo os compromisos asumidos cos veciños e se materialice así a folla de ruta consensuada onte na segunda reunión da comisión de seguimento.
Para os populares a polémica xerada polo bipartito en relación ao comunicado creado polo PP demostra unha vez máis a pouca implicación de Orlando González Cruz e o seu equipo de goberno para con Mondoñedo. Segundo os populares esta situación evidencia as gañas de polémica amosadas polo bipartito e o pouco traballo demostrado para que un proxecto de gran calado para Mondoñedo alcance resultados positivos.
A crítica situación que vive a comarca en Mondoñedo, sobre todo dende o peche da filial de Finsa no mes de marzo, merece dun traballo serio e estrito por parte dos grupos políticos. Os populares recordan que contestacións como as verquidas polo bipartito carecen desta implicación con Mondoñedo, xa que só demostran a falta de proxecto do equipo encabezado por Orlando González, así como a inexistencia de propostas tanto dos nacionalistas como dos socialistas.
O PP local considera incomprensible que un equipo de goberno centre o seu traballo en enviarlle criticas á oposición por remitir un comunicado previo a reunión aos medios. Cos seus deberes feitos, o PP remitiu un primeiro comunicado no que anunciaba as liñas de traballo propostas polos populares e que se debaterían na mesa e xa trala reunión da mesa, en nome e por acordo da comisión de seguimento, o Partido Popular enviou un segundo comunicado informando dos acordos tomados na mesa. Polo que ante este proceso, o grupo local só cumpriu co seu cometido de informar. Ante isto, os populares pídenlle ao bipartito que promova e apoie iniciativas que incentiven a localidade, en vez de buscar polémica.
O PP local explica que o único obxectivo do PP é o de contribuír a mellorar a cidade e cumprir dende a oposición o programa electoral, polo que lle pide ao bipartito que asuma a súa responsabilidade e se centre en gobernar. Así mesmo, os populares aseguran que o feito de que o equipo de goberno fale de pouca colaboración do Partido Popular e de que se enterara pola prensa do resultado dunha reunión na que acababan de participar, ademais de ser “esperpéntico, é unha provocación e un insulto ao noso partido e aos nosos concelleiros, xa que de xeito reiteirado somos anulados cando buscamos consenso e ofrecemos o noso traballo, sendo múltiples as actitudes irresponsables co noso grupo no día a día do goberno local”.
Polo tanto, o PP local pídelle ao goberno que asuma a súa responsabilidade e goberne para corrixir os problemas dos veciños dunha localidade que dende que Orlando González asumiu a alcaldía estase a converter en máis cara e incómoda para vivir e traballar.
Propostas aprobadas pola mesa de seguimento
Na segunda reunión da comisión de seguimento celebrada onte aprobouse unha folla de ruta a seguir para lograr a reactivación local e comarcal. Na primeira das tres liñas de actuación recóllese que o futuro da comarca pode enmarcase nunha fonte de recursos, que non deixa de ser o desenvolvemento sostible da xestión forestal, concretamente das actividades da biomasa. O vindeiro sábado 5 de maio celebrarase a primeira reunión técnica, cunha visión práctica moi importante. Nesta liña, está a alternativa de celebrarse unha mesa de traballo onde empresas que teñen posto en marcha iniciativas similares, sensibilizarán a tódolos sectores que poderían estar implicados.
A segunda liña de actuación céntrase na explotación e dinamización do sector turístico para xerar emprego. Na primeira quincena de xuño, concurrindo representantes das administracións e empresarios que viven e xeran emprego neste sector, actuarán e sensibilizarán a poboación mindoniense das posibilidades de negocio que deseña este sector.
En terceiro lugar, e tendo en conta a tipoloxía de emprendedores da comarca, pechará a folla de ruta, unha xornada técnica, dirixida fundamentalmente a emprendedores autónomos e aos encadrados nas PEMES, onde todas elas buscan xerar emprego, autorizados por cargos da administración que teñan coñecemento e capacidade para poder titorizar este tipo de proxectos.
Na xuntanza, a comisión tamén barallou a posibilidade de solicitar un obradoiro de emprego, iniciativa proposta en pleno polo goberno local e que fora aprobada por unanimidade; así tamén estudaron a necesidade de buscar posibles fontes de financiamento de proxectos da terceira idade.
Por último, na reunión de onte tamén se acordou solicitar unha reunión coa empresa Ence. A petición, en nome da mesa, foi trasladada o mesmo día a membros da empresa.



















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



