RAQUEL ARIAS ACUSA Á BESTEIRO DE DIFUNDIR FALSIDADES PARA “ELUDIR COMPETENCIAS” E OCULTAR QUE “A XUNTA DESTINA EN LUGO AO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR 13 VECES MÁIS QUE O GOBERNO DA DEPUTACIÓN”
A delegada territorial acusa ao presidente do organismo provincial de “demagogo” e “desleal, sobre todo cos concellos, deixando desasistidos ás veciñas e veciños da provincia de Lugo nun tema vital como son as prestacións sociais”
Arias defende a plena legalidade da tramitación Decreto sobre Servizos Sociais da Xunta, que foi exposto a alegacións públicas, e conta con informes favorables da FEGAMP e da Asesoría Xurídica Xeral
Confía en que, tras rexeitar varias citas coa Consellería de Traballo e Benestar, os responsables da Deputación de Lugo acudan á xuntanza convocada na Delegación Territorial o xoves, trala solicitude que fora cursada dende o ente provincial
Lugo, 8 de maio de 2012.- A delegada territorial, Raquel Arias, explicou hoxe que a Xunta segue a apoiar a tódolos Concellos de Lugo na prestación dos servizos sociais, e que a Consellería de Traballo e Benestar financiará a axuda no fogar das persoas dependentes e os traballadores sociais de absolutamente tódolos Concellos, independentemente do número de habitantes que teñan, así como o SAF (Servizo de Axuda no Fogar) básico dos Concellos de máis de 20.000 habitantes.
Arias acusou hoxe á Deputación de Lugo de difundir falsidades sobre o novo Decreto de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, eludindo competencias e buscando o conflito e a rendibilidade política.
Para que nos fagamos unha idea, de acordo cos datos do 2011, a Xunta aportaría más de 7 millóns de euros e a Deputación de Lugo unicamente 540.000 euros. E dicir, de acordo co novo decreto, a Xunta de Galicia pagará para axuda no fogar na provincia de Lugo trece veces máis do que terá que pagar a deputación do señor Besteiro.
Polo tanto, segundo resaltou a delegada territorial en Lugo, “a actitude que está a adoptar a Deputación de Lugo e o seu presidente con relación aos servizos sociais é, unha vez máis, totalmente demagóxica e desleal”. Máis tendo en conta que a Deputación rexeitou ata tres citas coa Consellería de Traballo e Benestar para abordar este asunto.
Neste sentido, fixo fincapé en que esta deslealdade da Deputación é coas outras administracións, “pero sobre todo cos concellos, porque lles está negando unha axuda que por lei lles ten que dar”. Isto é, a deputación de Lugo está “deixando desasistidos ás veciñas e veciños da provincia de Lugo nun tema vital como é as prestacións sociais, mentres o goberno de Besteiro non ten ningún rubor en gastar os cartos que fagan falta en festas, viaxes e promoción de si mesmos”.
Ademais, cabe recordar que este decreto está “rigorosamente suxeito á legalidade”, e conta cos informes favorables da Asesoría Xurídica Xeral e da propia Fegamp. Esta norma tamén estivo en trámite de alegacións –de feito, houbo concellos presentaron alegacións de forma individual-, ademais de que foi coñecido en todo momento pola Federación galega de municipios e provincias (Fegamp).En ningún caso, cuestionouse o desenvolvemento de competencias que recolle esta norma.
Ademais, cabe recordar que a Lei de Servizos Sociais de 2008 –que determina o apoio que deben prestar as Deputacións aos concellos de menos de 20.000 habitantes- establece que a Xunta realizará as transferencias necesarias aos concellos nos supostos en que estes asuman competencias que son de titularidade autonómica (por exemplo, residencias da terceira idade). En ningún caso, se refire ao financiamento das competencias que son xa de titularidade municipal, como é o caso do servizo de axuda no fogar básico.
Arias dixo confiar en que, tras rexeitar varias citas coa Consellería de Traballo e Benestar, os responsables da Deputación de Lugo acudan por fin á unha xuntanza solicitada por eles mesmos na Delegación Territorial para abordar o desenvolvemento deste novo marco. A delegada dixo que, nesta ocasión, a proposta realizada ao goberno provincial está fixada para este mesmo xoves, logo de que dende o ente provincial se negasen a acudir en sucesivas convocatorias na Consellería de Traballo e Benestar.
A fío deste tema, Arias aludiu a que, quizais a razón desas renuncias “era que Gómez Besteiro non sabía qué postura tiña que adoptar en Santiago, xa que a súa desfachatez chega a tal punto que, mentres na FEMP defendía o pasado venres en Madrid a necesidade de que as deputacións asistan ós concellos de menos de 20.000 habitantes, onte luns en Lugo xa afirmaba o contrario”.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



