O Goberno Provincial insta á Xunta a cumprir con Lugo “de xeito inmediato” logo de 3 anos e medio de silencio
– O Pleno debatirá mañá unha proposta na que a Deputación úrxelle ó Executivo autonómico iniciar negociacións para acordar convenios “en asuntos estratéxicos para a economía da provincia”
– Dende novembro de 2009, data do único encontro de Besteiro e Feijóo, a institución solicitou ata en 8 ocasións unha reunión co Presidente da Xunta para definir colaboracións sen obter resposta algunha
– Os 3 anos e medio de silencio e os continuos enganos do Goberno galego non impediron que a institución luguesa puxese en marcha en solitario o Centro de Recría ou a rede de residencias
– Os recortes en Benestar Social, que Feijóo abordou cos titulares das Deputacións agás co de Lugo, a ampliación do servizo contraincendios, a transferencia de vías, a extensión da banda longa e a instalación dun elevador en acceso á Muralla, son outros dos asuntos que a Xunta mantén bloqueados
O voceiro socialista, Manuel Martínez, avanzou este luns que o equipo de Goberno Provincial instará á Xunta de Galicia a cumprir cos compromisos adquiridos con Lugo “de xeito inmediato” logo de tres anos e medio de silencio. Farao no Pleno de mañá, durante a defensa dunha proposta coa que urxe o inicio das conversas e negociacións precisas de cara a asinar convenios de colaboración en “asuntos estratéxicos para o desenvolvemento socioeconómico da provincia” como o Centro de Recría, a rede de residencias, a transferencia de estradas, a extensión da cobertura contraincendios no 100% do territorio lugués, o acceso á banda longa en todos os núcleos poboacionais e a ocupación do espazo público nos xardíns do Pazo de San Marcos para a colocación dun elevador.
Novembro de 2009. É a data do único encontro que mantiveron o Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o seu homólogo no Executivo autonómico, Alberto Núñez Feijóo, e no que abordaron “as necesidades da provincia”. Foi o único malia que, posteriormente, Besteiro solicitou por escrito e ata en 8 ocasións unha nova reunión para definir a colaboración de ambas as dúas administracións de cara a potenciar o sector agrogandeiro, fixar poboación no rural, combater o avellentamento, a dispersión xeográfica ou a falta de relevo xeneracional, así como incrementar o investimento en políticas sociais.
Sen resposta e con enganos
Ningún dos escritos obtivo resposta, pero os 3 anos e medio de silencio da Xunta non impediron que a Deputación traballase en solitario. Mostra delo, a institución luguesa puxo en marcha os seguintes proxectos, recibindo, nalgúns casos, promesas dende o Goberno galego que non foron cumpridas, converténdose en enganos:
– Centro de Recría. A postura da Xunta sobre este proxecto foi: primeiro demorou a súa posta en marcha, tardando máis de 1 ano en conceder a licencia imprescindible para iniciar os traballos de construción. Logo, negou a colaboración económica e, finalmente, tanto Feijóo como o Conselleiro de Medio Rural, por aquel entón Samuel Juárez, non quixeron nin tan sequera visitar as súas obras. Todo isto, malia ser o primeiro Centro de Recría de gando vacún público en España e ser considerado como o proxecto gandeiro máis revolucionario levado a cabo en Galicia nas últimas décadas. En solitario, o organismo provincial constrúe esta iniciativa, dotada de 12 millóns de euros, nas instalacións da Granxa Gayoso Castro. A Deputación asumiu este proxecto consciente das súas oportunidades económicas. E é que acollerá 3.000 novillas, triplicando a capacidade existente na Comunidade e aforrando miles de custes ós gandeiros que xa non terán que recriar a súas novillas fóra de Galicia. Ademais, xerará un volume de negocio de 3 millóns de euros ó ano.
– Rede de residencias. Pouco antes das eleccións municipais de 2011, a Conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato, anunciou que a Xunta concertaría prazas nas instalacións públicas programadas pola Deputación ó igual que fai en centros de carácter plenamente privado. Pero estas declaracións quedaron no olvido xa que, finalmente, Mato negouse a elo, asegurando en público que as residencias en Lugo “non son prioritarias nin necesarias”. Todo isto malia que o Instituto Nacional de Estatística mantén que Lugo é, xunto a Ourense, a provincia máis avellentada de Galicia, xa que o 33,7% da súa poboación ten máis de 60 anos, o supón 6 puntos por riba da media galega. Ademais, o MATIASS, documento imprescindible entre todos os traballadores sociais de Galicia para construír residencias, mantén que a provincia lucense é a que menos centros de atención á terceira idade ten, con 49. Destes, 30 son públicos e 19 privados. Pola contra, Ourente ten 97, A Coruña 82 e Pontevedra 67. As mesmas fontes constatan que Lugo é a provincia con menos prazas residenciais con 3.507 fronte ás 6.060 da Coruña, ás 4.682 de Ourense e ás 4.405 de Pontevedra. A falta de apoio do Goberno galego obrigou a reprogramar a rede de residencias na provincia para a que a Deputación conta con 15 millóns de euros.
– Benestar Social. Este é outros dos asuntos no que a Deputación busca a colaboración da Xunta logo de que o Goberno galego recortase nos últimos anos as axudas para persoas dependentes, chegando a cero euros en 2012 no caso das que están en fase de ser recoñecidas como tal en todos os Concellos da provincia agás no de Lugo. Son 3.000 lugueses e 2.000 os traballadores afectados por estes recortes na provincia, que Feijóo tratou con todos os Presidentes das Deputacións de Galicia agás co de Lugo malia a petición expresa de Besteiro. Ante as políticas do Executivo galego, a institución luguesa incrementou en máis de 1 millóns de euros o gasto social na provincia, suplindo á Xunta -administración galega con competencias directas en Benestar Social- en Lugo unha vez máis, ó igual que fai coa construción dunha rede de residencias.
Máis asuntos en espera
– Cobertura contraincendios no 100% da provincia. En 2008, o anterior Goberno galego e esta Deputación creaban o Consorcio Provincial de Bombeiros, organismo que puxo en marcha 5 parques, rematando coa discriminación que sufría Lugo nesta materia xa que era a única provincia galega sen servizo contraincendios. O actual Executivo autonómico soubo continuar con este proxecto. Por este motivo, Besteiro propúxolle extender esta prestación ó 100% do territorio lugués, asumindo custes ó 50%.
– Transferencia de estradas. É outro dos asuntos que mantén bloqueada o Partido Popular dende que chegou a San Caetano, obrigando á Deputación a manter a rede viaria máis extensa de España con 4.200 quilómetros de estradas e a desembolsar millóns de euros.
– Extensión da banda longa. A Xunta non garante que os galegos teñan acceso á Internet ata 2014 como mínimo mentres que a Deputación xa implantou a administración electrónica e a banda longa nos Consistorios lugueses que así o quixeron. Por este motivo, é fundamental que o Executivo autonómico axilice os seus trámites para que os veciños poidan empregar os servizos facilitados a custe cero polo organismo provincial.
– Elevador nos xardíns provinciais. O Parlamento aprobou por unanimidade instalar un elevador nos xardíns do Pazo Provincial para facilitar o acceso á Muralla. A Deputación mostrouse favorable a esta iniciativa que esta á espera do financiamento e do proxecto necesario, cuestións das que é responsable a Xunta de Galicia.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



