Ontes, venres 25, ás 8,30h da tarde, unhas trinta persoas déronse cita en Librería Bahía de Foz para asistir á presentación do libro O CONTO BRASILEIRO CONTEMPORANEO, de edicións Laiovento.
No acto, introducido polo profesor Bernardo Penabade, e no que interviron Laura Branco, autora do glosario da obra, e Carmen Villarino Pardo, responsable da mesma, fíxose especial fincapé no espíritu do libro como unha ponte tendida entre Galicia e o Brasil, que axude a achegar a literatura de este grande e variadísimo país á nosa terra, é porén, unha obra que sendo unha escolma de relatos cortos de autores brasileiros contemporáneos, é válido tamén para os lectores do Brasil donde –nos explicaba a profesora Carmen Villarino- está tendo unha grande acollida.
E un libro resultado da xenerosidade de casi todas as persoas que nel participan xa que nin os autores que cederon as súas obras, nin as persoas que fixeron a promoveron, organizaron e recopilaron, nin mesmo o ilustrador da portada, recibiron a cambio ningún tipo de compensación económica.
Pretende ser, ademáis, unha contribución na tarefa de darlle á lingua galega a dimensión internacional que esta realmente ten, tarefa na que xa se empeñaran autores como Valentín Paz Andrade, ao que este ano se lle adicou o día das Letras Galegas.
Tratouse dunha velada moi satisfactoria, amena e reveladora para todos os participantes na mesma.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



