O novo programa, publicado hoxe no DOG, habilita unha liña financeira, dotada con 10 millóns de euros
AS PEMES GALEGAS XA PODEN SOLICITAR APOIO PARA O FINANCIAR OS CUSTOS DAS SÚAS EXPORTACIÓNS COA NOVA LIÑA RE-EXPORT DE ECONOMÍA E INDUSTRIA
O financiamento dos custos das operacións de exportacións polas pemes galegas contará con avais do 50% achegados polo Igape
Esta iniciativa financiará a fabricación dos produtos a exportar e facilitará o cobro anticipado dos importes das exportacións contratadas e materializadas
O prazo de presentación de solicitudes nas entidades financeiras colaboradoras comeza mañá e rematará o próximo 14 de setembro
Santiago, 31 de maio de 2012.- As pemes galegas que desexen iniciar ou consolidar as súas exportacións poden acollerse ao novo programa re-Export, impulsado pola Consellería de Economía e Industria e publicado hoxe no DOG. Este novo programa habilita unha liña financeira de 10 millóns de euros, avalada polo Igape, para facer fronte aos custos asociados as operacións de exportacións.
O conselleiro de Economía e Industria, Javier Guerra, asinou o pasado venres un acordo pioneiro coas 10 entidades financeiras adheridas que permitiu poñer en marcha está nova liña financeira para financiar os custos das operacións de exportación das pequenas e medianas empresas galegas. O prazo de presentación de solicitudes nas entidades financeiras colaboradoras comeza mañá e rematará o próximo 14 de setembro.
Ao abeiro deste novidoso programa, os avais concedidos polo Igape poderán garantir, nun 50%, os custos das operacións de financiamento de materias primas e de fabricación dos produtos a exportar, así como os custos dos gastos derivados dos procesos de envasado e preparación para o envío ao exterior. Do mesmo xeito, as axudas facilitarán o cobro anticipado dos importes das exportacións contratadas e materializadas.
O programa re-Export está destinado a impulsar as exportacións das pemes de calquera actividade produtiva, facilitando o acceso ao financiamento operativo, tanto para iniciar como para ampliar e consolidar a actividade exportadora. As operacións avaladas polo programa re-Export oscilarán entre os 80.000 e os 250.000 euros.
Deste xeito a Consellería de Economía e Industria, a través do Igape, fai fronte á necesidade de manter a máxima colaboración coas entidades de crédito para favorecer a actividade comercial das pemes galegas. As 10 entidades financeiras que xa suscribiron o re-Export son Banco Gallego, NCG Banco, Banco Etcheverría, Banco Popular Español, Banco Pastor, Caixabank, Banco Espirito Santo, Caixa Rural Galega, Bankinter e Banco Sabadell; con todo, o programa está aberto á participación das novas entidades que queiran adherirse.
Esta iniciativa completa o eixo de apoio á internacionalización da empresa galega ao que a Consellería de Economía e Industria leva destinado 76 millóns de euros, no que vai de lexislatura, co obxectivo de incrementar as exportacións e o número de empresas exportadoras.























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



