A CASA DA CULTURA ACOLLERÁ O VINDEIRO MARTES, 29 DE MAIO, A SEGUNDA XUNTANZA DE CENTROS DE EDUCACIÓN MUSICAL. NESTA CITA PARTICIPARÁN ALUMNOS DOS CONSERVATORIOS PROFESIONAIS DE FINGOY (LUGO) E VILALBA E DAS ESCOLAS MUNICIPAIS DE MÚSICA DE RIBADEO, XOVE, MONDOÑEDO E BURELA.
.
Burela, 25 de maio de 2012. O auditorio da Casa da Cultura acollerá o vindeiro martes, 29 de maio, a partires das 20 horas a segunda xuntanza de centros de educación musical na que participarán alumnos dos conservatorios profesionais de Fingoy (Lugo) e Vilalba e das Escolas Municipais de Música de Ribadeo, Xove, Mondoñedo e Burela. Xuntos formarán unha orquestra e ofrecerán unha actuación conxunta.
O director da Escola de Música de Burela, Xan Carballal, explicou que “a idea de realizar esta xuntanza xurdiu o ano pasado en varios centros educativos, co obxectivo de reunir aos grupos de corda e pequenas orquestras que hai en ditos centros”. Carballal sinalou que “se trata de poñer en contacto aos rapaces e rapazas aos que lles gusta o mundo da orquestra. Queremos que teñan unha xornada de convivencia, que se coñezan e que os centros educativos e escolas de música teñan un nexo de unión. É algo importante da cara a subir o nivel musical que teñen estes conservatorios e estas escolas”.
A concelleira de Educación e Cultura, Mónica Pedre, resaltou o apoio do Concello á Escola Municipal de Música, “na medida das nosas posibilidades seguiremos apoiando a educación musical en todo aquelo que dependa do Concello, tal e como viñemos facendo ata o de agora”. E destacou que “esta xuntanza é un primeiro paso na colaboración dos centros educativos musicais da provincia de Lugo. É un encontro importante para que os rapaces compartan experiencias e inquedanzas”. Pedre convidou “á toda a xente amante da música a que asista a esta actuación que terá lugar o vindeiro martes na Casa da Cultura de Burela. Seguro que todos imos disfrutar moito con ela”.
O acto de presentación da segunda xuntanza de centros de educación musical tivo lugar este mediodía no Concello de Burela. Alí estiveron tamén o alcalde, José María González Barcia, e representantes dos centros e escolas participantes.
























Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Unha peza de teatro físico e manipulación de obxectos para público infantil e familiar que aborda a meta máis soñada polo ser humano: voar sen ás. Venda de entradas: no teléfono 982560162, en horario, de 9 a 14,00 horas, ou no correo electrónico cultura@viveiro.gal ou na taquilla unha hora antes da función. A cita será ás 18h.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.
Un particular informou minutos despois das 11 horas deste xoves dun camión que transportaba formigón envorcado no quilómetro 68 da N-640, á altura da parroquia de Ramil (Castro de Rei). Segundo explicou o mesmo alertador, o condutor permanecía no interior da cabina e outros dous turismos estaban implicados no accidente. De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, da Garda Civil de Tráfico, dos Bombeiros de Vilalba e dos servizos de mantemento da estrada. Os bombeiros confirmaron que non tiveron que excarcerar, pois a persoa estaba xa fóra do vehículo cando chegaron ao punto. Así, colaboraron na limpeza da vía cos servizos de mantemento da estrada.
Ademais da intervención arqueolóxica de 2026, o Concello achega 7.500 euros para restaurar a cabaña C-2, lembrando que “Seguimos apostando por el patrimonio arqueológico y el desarrollo arqueológico del concejo”. Tamén se mellorou o acceso ao xacemento, e o castro consolídase como un recurso turístico en crecemento, clave para avanzar na desestacionalización.



