O turismo na Mariña: fonte de análise nun foro organizado esta tarde por Novas Xeracións
A xornada celebrouse no Salón de Actos do Edificio Cenima de Foz coa presenza, entre outros, da deputada autonómica, Emma Álvarez Chao
Os ponentes analizaron a situación actual, problemáticas e futuro do sector turístico na Mariña
Foz, 5 de maio 2012.- O turismo na Mariña centrou a xornada celebrada esta tarde por Novas Xeracións da Provincia de Lugo no Salón de Actos do Edificio Cenima de Foz. Os mozos vinculados ao Partido Popular organizaron unha xornada coa pretensión de estudar a situación actual do sector turístico na comarca, as problemáticas que o rodean, así como o futuro do sector.
A xornada pretendía coñecer o potencial do sector turístico e a súa necesidade de aproveitamento e explotación nunha comarca fortemente castigada pola crise. Así o puxo de manifesto o presidente provincial, Daniel Vega, quen defendeu a necesidade de unificar proxectos entre os distintos concellos e tomar decisións conxuntas que permitan unha mellor optimación dos recursos turísticos na Mariña.
Na mesa redonda sobre a análise do sector turístico participaron, entre outros, o presidente da Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos de Foz, José Carlos Paleo; o xerente dunha casa de turismo rural, A Casa de Piego en San Acisclo (Foz) e secretario da Asociación de Turismo Rural da Mariña (Aturmar), Pascual Tarrón Couto. Tamén interviron a concelleira do PP de Ribadeo e xerente comarcal da Mariña Oriental cun máster en Xestión de Destinos Turísticos, Azucena González Loredo, así como a xefa do servizo de Turismo de Lugo da Xunta de Galicia, Paloma Vázquez Fernández. A mesa redonda, moderada polo presidente do NN.XX. de Foz, Roberto Fernández Pena, completouse coa intervención do xornalista da Televisión de Galicia, José Manuel Orriols.
O acto estivo inaugurado polo alcalde de Foz Javier Jorge Castiñeira, tras cuxa intervención proxectaron un video sobre a Mariña.
Na clausura do acto participaron o secretario xeral de NN.XX de Galicia, Juan Francisco López Prieto e o presidente provincial de NN.XX, Daniel Vega; mentras que entre os asistentes estivo a deputada autonómica, Emma Álvarez Chao.
Remitido