O Concello de Burela procede estes días ao baldeado das rúas da vila.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, explica que “varias veces ao ano facemos esta completa limpeza das rúas de Burela. Nesta ocasión o baldeado realizámolo antes da celebración das festas patronais para que a vila luza o máis bonita posible de cara a esa cita, que atrae a Burela a milleiros de persoas”. O equipo de goberno pide disculpas polas molestias que estes días se poidan ocasionar aos veciños con estes traballos.
A Delegación de Medio Ambiente tamén levou adiante nos últimos días a limpeza dos contedores de recollida do lixo. A limpeza dos contedores verdes fíxose por dentro e por fora cunha máquina lavacontedores. López Eijo sinalou que “o servizo de limpeza comonicoume onte que algúns contenedores houbo que metelos varias veces na máquina debido a que tiñan restos orgánicos moi incrustados, o que complicou a súa limpeza. Por iso me gustaría recondarlle aos veciños de Burela, que por favor, tiren o lixo en bolsas debidamente pechadas”.
























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



