Onte tiveron lugar as III Xornadas de Portas Abertas no IES de Foz. Estas xornadas están dirixidas a toda aquela xente que desexa coñecer máis de cerca os estudos que se poden cursar no IES de Foz así como as instalacións.
Ao remate os asistentes puideron degustar unha selección dos pratos elaborados durante este curso polo alumnado do Ciclo Medio de Cociña na súa modalidade de Adultos. Este ciclo está dirixido a todas aquelas persoas que desexan obter o título de cociña ou simplemente lles gusta cociñar. A súa duración é de tres anos en horario de 18:30 a 21.50 máis o periodo de prácticas.
A degustación consistiu nunha selección de diferentes tipos de pan (hamburguesa, de millo, de cacao e pementa…), bocadiños doces (semifríos, tortas…) e pintxos. No servizo do comedor colaboraron os alumnos do Ciclo Medio de Servizos e PCPI, aportando mesmo un “cortador de xamón”.
