O Grupo Popularn no seu afán de clarificar a situación na que se atopan os proxectos das mini residencias, trasládalle a Suplusa a pregunta plenaria que Besteiro evadiu responder
O Grupo Popular preguntoulle a Besteiro no pasado pleno de abril pola planificación das primeiras obras de construcción das mini residencias sen obter resposta
Candia reincide de maneira constante no coñecemento das pretensións da Deputación en torno as mini residencias ao tratarse dun tema que afecta negativamente á liquidez das arcas municipais
Lugo, 5 maio de 2012- O Grupo do Partido Popular na Deputación de Lugo dálle traslado á Suplusa dunha pregunta plenaria na que se interesa pola planificación do organismo provincial en relación aos proxectos de construcción e xestión das mini residencias, prometidas polo ente en época preelectoral.
Segundo explica a voceira popular, Elena Candia, a evasión amosada polo dirixente do ente, Xosé Ramón Gómez Besteiro, a hora de dar reposta a pregunta rexistrada polos populares na sesión plenaria do pasado mes de abril, conleva que agora o Grupo Popular dirixa de novo a mesma consulta de forma oficial á Suplusa.
De forma concreta, a iniciativa rexistrada para a súa resposta na pasada sesión plenaria de abril incentivarase a raíz dunhas declaracións verquidas polo presidente da Deputación nos medios, o 13 de abril de 2012, nas que sinalaba que no próximo mes se decidirían as primeiras obras da rede de xeriátricos.
Para o Grupo Popular esta resposta amosaba a falta de planificación do ente en relación a construcción e xestión das mini residencias e máis tendo en conta a existencia de tres proxectos preadxudicados en Trabada, Pol e Castroverde. Dada esta situación, o Grupo Popular preguntoulle en pleno polos municipios nos que comezarían as primeiras obras dos centros de atención a maiores e máis cando terían dende o ente provincial previsto o remate da totalidade dos centros programados. Besteiro rexeitou responder unha pregunta que ía dirixida ao presidente da Deputación e asegurou que lla trasladaría á Suplusa.
A promesa preelectoralista do equipo de goberno da Deputación conleva consecuencias negativas nas arcas municipais e agrava a situación de falta liquidez dos concellos nos que se ten previsto construír as residencias. A portavoz popular explica que, dende os municipios, adquirironse solares e inverteuse diñeiro nuns proxectos dos que non se coñece o seu desenlace e que dende o Grupo Popular pretenden clarificar dado o malestar xerados nos dirixentes locais.
Agora, o Grupo Popular trasládalle de forma oficial a mesma pregunta a Sociedade Urbanística Industrial, Suplusa, encargada da construcción e xestión das mini residencias para coñecer así cal é a planificación do ente provincial en relación coas promesas adquiridas cos concellos.
A voceira popular cualifica de incomprensible que non se materialice unha proposta de gran calado para os lucenses e que unha vez máis dende a administración provincial boten balóns fora e culpabilicen a outras administracións de decisións tomadas en época preelectoral. A proposta para a construcción e xestión das mini residencias xa fora aprobada no pleno de outubro de 2010, sen consensuar por aquel entonces a iniciativa con outras administracións e coordinar e optimizar así os escasos recursos existentes en época de crise.