15 M e Asemblea Cidadá Mariña Lucense e Occidente Asturiano organizan en Ribadeo unha serie de encontros en torno ao Día Internacional do Medio Ambiente que se celebra o día 5 de xuño.
Estas actividades enmárcanse dentro da Semana Ambiental con obxecto de sensibilizar á poboación sobre o risco para a saúde humana e ambiental ao que estamos expostos se permitimos a fumigación por medios aéreos ou terrestres de produtos como o flufenoxurón,comercialmente chamado “Cascade”,co cal preténdese loitar contra a praga de Gonipterus Scutellatus que defolia o eucalipto.
Este produto,dun amplo espectro tóxico para moitas especies de insectos, inflúe negativamente tamén naqueles beneficiosos para as actividades humanas e agroalimentarias,como son os nosos maiores polinizadores de cultivos, as abellas.
Provoca tamén a morte de depredadores naturais utilizados na loita biolóxica contra esta praga que pretende combaterse, minguando as súas posibilidades de efectividade. E a súa filtración ás canles de auga,supón a toxicidade destas,e por conseguinte,un alto risco para a fauna acuática.
A todo isto,debe advertirse que este produto deberá ser retirado do mercado,por normativa europea,no verán de 2012.
Por todo iso, preténdese promover unha conciencia social,non só a nivel de propietarios de montes,se non como consumidores dos produtos da nosa terra,as nosas augas e o aire que respiramos,para traballar en prol dunha agricultura,un medio ambiente e unha saúde que non se deixen hipotecar por intereses a moi curto prazo que industrias enriquecidas a esta costa lévannos da man para deixar como herdanza ás xeracións vindeiras.
ACTIVIDADES:
Charla-coloquio: “Riscos para a saúde por pesticidas”























A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



