A Aula da Rede CeMIT en Burela acollerá dous novos cursos de alfabetización dixital impartidos. O día 12 de xuño iniciarase o curso de “Alfabetización dixital: Iniciación a Internet” que se impartirá en horario de 16:00 a 17:30 e rematará o día 26 deste mes, e o segundo dos cursos, que comezarán na vindeira semana, será o de “Alfabetización dixital: Uso de redes sociais” que se impartirá de 18:30 a 20:00 horas e finalizará o día 5 de xullo. Para inscribirse ou para solicitar máis información dirixirse á Aula CeMIT de Burela sita na Casa da Xuventude – Rúa do Cancelo 1, a través da páxina web https://cemit.xunta.es/, ou enviar un correo electrónico ao enderezo: cemit.burela@xunta.es









Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



