A Deputación potencia a produción ecolóxica na provincia con accións formativas das que se benefician unhas 1.300 persoas
– O organismo lugués termina mañá un ciclo de xornadas sobre hortofruticultura sostible para profesionais e escolares, e en setembro arrancará o Plan Integral Agropecuario Forestal co fin de promover a creación de un mínimo de 15 empresas ecolóxicas
-A institución provincial impulsa tamén este sector, que conta con 163 produtores e factura 9 millóns de euros ó ano en Lugo, a través da súa plataforma de comercio electrónico e da marca Lugo Sabe, das que forman parte 6 firmas que comercializan produtos ecolóxicos
A Deputación de Lugo ten previstas ou en marcha accións formativas encamiñadas a potenciar a produción ecolóxica na provincia das que se beneficiarán unhas 1.300 persoas. O organismo provincial mantén unha aposta firme por este sector como unha oportunidade económica sólida para Lugo, tendo en conta a súa evolución nos últimos anos e o seu potencial de crecemento. De feito, Lugo, con 163 produtores -84 dedicados á produción animal e 79, á vexetal-, é a provincia galega cun maior volume de negocio neste sector, achegándose ós 9 millóns de euros ó ano, dos 21,89 facturados no conxunto de Galicia. En canto á superficie, Lugo é a segunda provincia, con 6.491,86 hectáreas. Esta actividade dá emprego a unhas 2.500 persoas na comunidade galega, na que o número de operadores pasou dos 11 rexistrados no ano 1997 ós 586 de 2011, o que supón un incremento de preto do 100%.
Consciente da capacidade deste sector para xerar riqueza e emprego no rural, fixar poboación e mesmo combater os incendios e a contaminación da auga, así como do apoio que necesita por parte das institucións -algo recoñecido polo propio Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica (CRAEGA)-, a Deputación leva a cabo diversas estratexias en favor do desenvolvemento da produción ecolóxica e sostible, tales como un programa de xornadas en torno a hortofruticultura, dirixido a 400 profesionais e escolares, que conclúe mañá mércores na Fonsagrada; o Plan Integral Agropecuario Forestal, que formará a 900 persoas a partir de setembro; e a plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com e a marca Lugo Sabe.
Técnicas ecolóxicas, de primeira man no Valadouro
As xornadas de hortofruticultura, que forman parte do proxecto de economía medioambiental Lug02, financiado ó 70% por fondos europeos, ten dous eixos: un para profesionais –agricultores e gandeiros- e outro para escolares. En canto ó primeiro, tras celebrarse catro sesións teóricas nos Concellos do Courel, A Fonsagrada, Vilalba e Cervantes, este martes tivo lugar no Valadouro unha última sesión, totalmente práctica, na que unha vintena de persoas coñeceron de primeira man nunha explotación ecolóxica as prácticas máis recentes que se están desenvolvendo en canto a produción sostible de produtos da horta e de froiteiras (plantación, abonado, poda, rega, recollida e conservación, entre outras), así como o aforro de recursos que supoñen e a calidade dos cultivos obtidos. As explicacións correron a cargo de Edmundo Maseda Maseda, un produtor valadourense que leva dez anos cultivando en réxime ecolóxico.
Polo que respecta ás xornadas especificamente dirixidas ós máis pequenos, consisten en actividades didácticas durante as que dous técnicos en hortofruticultura explican ós nenos de maneira sinxela e amena, e co apoio de material ilustrativo, a importancia de facer un bo uso dos recursos, sobre todo no referente á produción e consumo de produtos alimentarios. Os rapaces reciben ademais un DVD con contidos interactivos que lles permitirán coñecer a fondo as prácticas, características e beneficios da agricultura sostible. Estas xornadas xa tiveron lugar nos colexios San Xoán de Becerreá, Castroverde e Poeta Uxío Novoneira do Courel, e conclúen mañá mércores no CEIP Santa María da Fonsagrada.
Pola creación de empresas
Por outra banda, como estratexia de impulso á produción biolóxica, a Deputación arrancará en setembro o Plan Integral Agropecuario Forestal, unha ambiciosa iniciativa dotada con 1 millón de euros de orzamento que permitirá que 900 persoas reciban, de xeito gratuíto, formación principalmente práctica para a creación de novas empresas vinculadas á agricultura e á gandería ecolóxicas, así como ó aproveitamento forestal sostible. O proxecto, que forma parte tamén de Lug02, márcase como obxectivo a creación dun mínimo de 15 novas empresas.
A Deputación impulsa tamén o sector da produción ecolóxica a través da súa plataforma de comercio electrónico www.losproductosdelugo.com e da marca Lugo Sabe, dúas iniciativas impulsadas con fondos europeos co obxectivo de poñer en valor os produtos autóctonos e abrirlles novas canles de produción para mellorar a produtividade e competitividade das empresas lucenses. De ámbolos dous proxectos forman parte 6 firmas que comercializan produtos ecolóxicos: Caurelor, Terras de Líncora, Produtos da Ribeira Sacra, Galletas da Veiga, As Fadegas e Hortalizas Ecolóxicas María del Mar Maseda Iglesias.











Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



