O PSdG-PSOE de Foz reclama ao Alcalde que faga as xestións oportunas para reclamar a Xunta de Galicia a creación de unha escola infantil no Concello tras quedar sen praza 65 menores de tres anos mas existentes.
Onte foron publicados os listados de alumnos menores de tres anos admitidos nas escolas infantís dependentes Xunta de Galicia e dos que non poden matricularse na comarca da Mariña. Dos 123 nenos e nenas que quedan en lista de espera na comarca 65 pertencen ao Concello de Foz.
PSdG-PSOE de Foz recorda que presentou unha moción, que foi aprobada, reclamando da Xunta de Galicia a creación de unha nova escola infantil no concello de Foz e a vista dos datos a creación de esta escola parece estar mais que xustificada.
Tras o anuncio feito o pasada semana polo Presidente da Xunta da creación de unha nova gardería no veciño Concello de Burela, aos socialistas, ábresenos un interrogante; preguntámonos si o Alcalde de Foz, Sr Castiñeira, fixo algún tipo de xestión no relativo a este tema, pois é el quen ten as competencias para reclamar da Xunta a creación de unha nova escola infantil, ou si por conseguinte sigue pensando, como antes, que a demanda esta cuberta.
Os Socialistas consideramos de suma necesidade que se dean tódolos pasos necesarios e se fagan tódalas xestións oportunas, de modo urxente, para conseguir a creación de unha nova escola infantil en Foz, pois por un lado cubriríase a demanda de prazas existentes, axudando a conciliar a vida familiar e laboral de moitos veciñas e veciños e por outro tamén seria moi importante, a creación de postos de traballo que suporía unha nova instalación destas características no noso Concello.