Estimado/a veciño/a :
Diríxome a ti para pedirche que nos acompañes o vindeiro 8 DE XUÑO (venres) ás
20:30 h. na SALA BAHÍA, nun acto informativo que organizamos dende UNIFOZ.
UNIFOZ non ten que consultar as súas decisións en Santiago nin en Lugo, pero
si as quere consultar contigo. É por iso que, cumprindo o noso compromiso de
facer xuntanzas cos veciños unha vez ao ano para informar a cidadanía do noso
traballo municipal ao longo da actual andadura política, organizamos este acto. Nel
queremos, asemade, escoitar e recoller a túa opinión e propostas para o presente
e futuro de Foz.
Agardamos contar coa túa presenza e aproveito a ocasión para saudarte e
desexarche moita sorte nesta especial situación que nos toca vivir. Unha aperta.