A Deputación leva aforrados 2,6 millóns de euros no que vai de ano coa redución de gastos correntes
– Martínez subliña que “mentres nós aforramos para levar a cabo actuacións que xeren riqueza e emprego na provincia, Feijóo impón medidas mediáticas, que non solucionan os problemas dos cidadáns, facendo demagoxia, mentindo e xogando ó despiste”
– O voceiro salienta que “estamos estudando o convenio coa Xunta porque observamos termos moi confusos. Arias parece desorientada porque, ¿como en xullo de 2012, despois de tres anos e medio no Goberno galego, se preocupa polos desempregados?, ¿tivo Galicia que superar o 21% da taxa de paro?
– O Deputado remarca que “a vindeira semana 24 PEMES traballarán de xeito simultáneo na roza dos 4.300 quilómetros da rede viaria provincial, facendo agora estas actuacións para no ter que acometelas dúas veces e axilizándoas para remalas a 31 de agosto. Mentres outros sulfatan nos rozamos”
A Deputación leva aforrados 2,6 millóns de euros no que vai de ano coa redución dos seus gastos correntes. A Xunta de Goberno aprobou hoxe unha nova rebaixa destes custes coa contratación do material de oficina para as dependencias provinciais por valor de 68.000 euros. Esta cantidade redúcese en 22.400 euros con respecto ó prego anterior, supoñendo un aforro de máis do 30%. O voceiro provincial socialista, Manuel Martínez, subliñou que á iniciativa acordada na sesión de este venres, súmanse as seguintes:
– A rebaixa en 2,2 millóns de euros na partida de gastos correntes no Presuposto da Deputación para 2012. “Facendo un enorme esforzo no control de custes de todas as áreas provinciais, baixamos os gastos nun 12,31% con respecto ó ano pasado”, destacou o voceiro.
– A reforma do contrato para o subministro eléctrico nas dependencias provinciais, reducindo a factura eléctrica nun 25% e aforrando 130.000 euros anuais. “Isto foi froito dos traballos realizados polos profesionais da nosa Axencia da Enerxía”, indicou Martínez.
– A rebaixa nun 48% dos gastos de telefonía, acadando un aforro anual de 236.000 euros. O voceiro explicou que isto debeuse á implantación de novos mecanismos informáticos con fondos europeos do Innova-TE con fin de rexistrar as necesidades deste servizo nos diferentes departamentos da Deputación e, en base a estas, adaptar esta prestación.
– O redución en 25.000 euros nos custes dos equipos multifunción, tales como fotocopiadoras ou impresoras, cun contrato de aluguer que evitou a compra deste material, así como os seus gastos de mantemento, incluídos na adxudicación.
– E a substitución do papel timbrado que antes se encargaba a unha imprenta por plantillas feitas polo persoal provincial, aforrando outros 20.000 euros.
“Medidas mediáticas”
Martínez salientou que “mentres este Goberno Provincial pon en marcha verdadeiras medidas de aforro para levar a cabo actuacións que xeren riqueza e emprego na provincia, por exemplo, este vindeiro luns, 340 desempregados lucenses comezarán os cursos gratuítos, formativos, prácticos e remunerados con 400 euros para a súa inserción laboral nas profesionais con máis futuro en Lugo, a Xunta só se adica a anunciar medidas mediáticas, que non supoñen mellora algunha na economía da Comunidade, nin solucionan os problemas dos cidadáns”. Martínez referíase, deste xeito, á redución do número de Deputados no Parlamento Galego, engadindo que “Feijóo xustifica este recorte baixo a falsa austeridade que caracteriza ó Partido Popular. Nin tan sequera dixo cal vai a ser o aforro desta medida aínda que, se temos en conta as retribucións actuais, podería ser de 1 millón de euros, é dicir, a mesma cantidade que Feijóo investiu na campaña publicitaria para transmitir optimismo na economía galega”.
O voceiro considerou que “o recorte de Deputados é outra cortina de fume para non falar, por exemplo, da taxa de paro que supera xa o 21%; do maior recorte nos servizos sociais na historia da democracia que ven de facer o PP; do fin da Lei de Dependencia nunha Comunidade onde máis do 30% supera os 65 anos; da baixada das pensións -que en Lugo ronda ós 600 euros de media- co repago dos medicamentos e co incremento do IVE; do aumento nas listas de espera nos hospitais públicos; do recorte no número de profesores nas escolas; ou do peche de centos de explotacións gandeiras, establecementos comerciais, hostaleiros e, en xeral, do fin da actividade de centos de pequenas empresas grazas a un Goberno galego que non fixo nada durante tres anos e medio e que agora teme pagar por elo nas urnas. Feijóo impón este recorte de Deputados con fins claramente electorais non por aforro xa que se isto lle interesase realmente tería rebaixado os soldos do seu Executivo, como fixemos neste Goberno Provincial reducíndoos en máis dun 30% no último ano, ou posto en marcha verdadeiras medidas de aforro como a aprobada hoxe”.
“Demagoxia”
Ó respecto da anunciada restricción da paga extra do Nadal por parte de membros do Partido Popular en Lugo, Martínez subliñou que “o que máis nos sorprende é que, unha vez que o PP impón unha lei para suprimir esta paga ós traballadores públicos, esta norma non contemple quitárllela tamén ós políticos. Sería o xusto e o máis normal, por iso nós dende o primeiro momento acordamos non tela. Pero o PP vai a rebufo. Deberíalle caer a cara de vergoña pola demagóxia que están a facer con este asunto ó igual que coa supresión de Concelleiros cando o 80% dos mesmos non cobra”. Neste senso, o voceiro recalcou que “Feijóo e os seus compañeiros do Goberno galego non rebaixaron os seus soldos nin un ápice no que levan de lexislatura, mantendo retribucións anuais de 93.000 euros, como é o caso do Secretario Xeral de Emigración, e gastos de case 7 millóns de euros ó ano en 108 postos de confianza. Agora, logo de quitarlle a paga extra do Nadal ós traballadores públicos, o Goberno galego anuncia unha posible e proporcional reducción dos seus soldos en máis dun 7%, porcentaxe que, casualmente, representa unha paga extra. É dicir, nin aseguran que van a prescindir da paga extra do Nadal, nin cando ou como se vai aplicar ese posible recorte nos seus soldos. Fan demagoxia, menten, xogan ó despiste e manipulan”.
Martínez engadiu que “agora, o señor Barreiro anuncia a bombo e platillo, por certo, ó non quedarlle outra xa que viu que os demais o facíamos, que os Alcaldes populares tampouco van a contar con esta paga cando no último ano moitos deles incrementaron os seus soldos malia a promesa de Feijóo durante as eleccións municipais de conter as dedicacións exclusivas. E poñólles exemplos: o Alcalde de Sarria, que lle sae a este Concello 22.650 euros ó ano máis caro co anterior Rexedor do PSOE; o Goberno de Guitiriz, que custa 200.000 euros máis co anterior Executivo socialista; o Alcalde do Saviñao, que duplicou o número de soldos, gastando en altos cargos o 6% do presuposto municipal e o 16% dos recursos que xera este Concello; ou o de Antas de Ulla, que tamén aumentou os gastos do seu Goberno en 23.000 euros con respecto ó mandato anterior. E é que os Alcaldes que máis cobran nesta provincia son do Partido Popular. Fíxense, o de Xove, un Concello cuns 3.500 habitantes, púxose unha retribución mensual de case 3.900 euros. E a guinda do paste, o Rexedor de Muras, que supera os 4.000 euros mensuais”.
“Arias desorientada”
Sobre as críticas da Delegada Territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, ó respecto dun convenio en materia de servizos sociais e emprego entre Executivo autonómico e Deputación, Martínez aclarou que a institución provincial respostará nos vinderios días ó Goberno galego xa que agora estao a avaliar porque observa “termos moi confusos”. Neste senso, puntualizou que “a Xunta relaciona os servizos sociais e a contratación de parados, cuestións ben diferentes, sobre todo, cando nos impuxeron un Decretazo que anulou o financiamento autonómico para as Axudas no Fogar nos Concellos de menos de 20.000 habitantes. Ademais, ofrece 1,2 millóns de euros de fondos europeos, non autonómicos, que non sabemos porque non os concederon antes. Ó mellor están apurados para a súa xustificación e temen perdelos. Hai que ter en conta que este convenio deixará de estar en vigor en decembro e non sabemos cando queren poñelo en marcha. ¿A caso en setembro, tendo só 3 meses de valía?. Arias parece desorientada porque senón ¿como en xullo de 2012, despois de máis de tres anos e medio no Goberno galego, se preocupa agora polos parados?. ¿Tivo Galicia que superar una tasa de paro do 21%, con 275.900 desempregados, dos que 26.600 son de Lugo, para que a Xunta tome medidas ó respecto?. Estamos estudando este convenio do que axiña terán novas”, reiterou.
Así mesmo, o voceiro engadiu que “o Goberno galego non pode darnos leccións sobre emprego e servizos sociais, cando a Deputación incrementou o investimento nas Axudas no Fogar este ano, acadando 600.000 euros, mentres a Xunta o reduciu a cero euros malia estar obrigada por lei a financiar esta prestación; ou cando vamos a formar de xeito gratuíto a máis de 1.200 lugueses co Pacto Provincial polo Emprego e o Plan Integral, combatendo a tasa do paro que o PP duplicou nos últimos anos”.
“Mentres outros sulfatan nós rozamos”
A Xunta de Goberno aprobou a contratación das tarefas de desbroce nos Concellos de Riotorto, A Pontenova e Mondoñedo, por valor de 24.000 euros. Son os derradeiros municipios nos que quedaba por adxudicar estes traballos, cuxo orzamento total suma 589.494 euros. Martínez indicou que “isto suporá que, a vindeira semana, 24 pequenas empresas estarán traballando de xeito simultáneo na totalidade da rede viaria provincial, é dicir, nos 67 Concellos da provincia, rozando os 4.300 quilómetros de estradas provinciais. Mentres outros sulfatan sen ter en conta o medioambiente, a Rede Natura ou as Reservas da Biosfera, nós rozamos. Nesta ocasión, a Deputación xestionará estas actuacións para que estén rematadas a 31 de agosto. É dicir, axilizámolas logo de comprobar que, en anos anteriores, Concellos do PP tiñan sen rozar as vías provinciais nos meses de outubro e novembro. En contraposición, nós facémolo agora para non ter que acometer estes traballos dúas veces. Ademais, potenciamos ós autónomos e PEMES coa contratación de varias decenas de entidades luguesas”.
Outros acordos
A sesión acordou unha subvención de 40.000 euros ó Concello de Monforte para pagar ós profesionais do parque de bombeiros deste municipio mentres non se pon en marcha o complexo da cidade do Cabe integrado no Consorcio Provincial no outono. Tamén se aprobou aboar 39.000 euros pola expropiación de 23 fincas para a execución dos traballos de mellora realizados en máis de 1 quilómetros da estrada de “Moncelos a Carrizal”, concretamente dende os puntos quilométricos 2,600 ó 3,810, ó seu paso polo Concello de Abadín. Esta cantidade é a fixada polo Xurado de Expropiacións de Galicia, ó igual que os 270.600 euros da expropiación de 61 fincas para melloras en case 6 quilómetros na estrada de “Marco de Álvare ás Rodrigas, exactamente dende o punto quilométrico 0 ó 5,800, ó seu paso polo Concello de Riotorto. Finalmente, a sesión aprobou o persoamento da Deputación nun recurso contencioso por responsabilidade patrimonial nun sinistro acontecido na CP 4102, de Ferreira a Currelos, no punto quilométrico 0,700, ó seu paso polo Concello de Pantón, debido a irrupción dun xabarín.







Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



