O domingo día 8 de xullo, izáronse en Foz as bandeiras azuis en tódalas praias do concello: A Rapadoira, Llas, Peizás, Arealonga, As Polas, Os Xuncos e Areoura.
A praia A Rapadoira leva 25 anos consecutivos galardoada con este distintivo, sendo a primeira de Galicia en obtelo conxuntamente coa de Miño en Pontevedra.
Acudiron ó acto representante de distintas asciacións do concello, o alcalde Javier Jorge Castiñeira, a concelleira de Cultura, Mercedes González Alonso e a concelleira de Turismo, Maite López Rego.
Amenizou o acto, o grupo folclórico O Feitizo de Foz.