O CONCELLO INICIARÁ DE XEITO INMEDIATO A OBRA DE MELLORA DA ESTRADA PRINCIPAL DE CORDIDO CON AGLOMERADO EN QUENTE
.- O Goberno municipal acondicionará máis de 1.500 metros cadrados desta vía o que beneficiará dun xeito directo aos máis de 200 veciños deste burgo.
.- A actuación non terá ningún custe para a Facenda local posto que se executará con cargo ao fondo autonómico de compensación ambiental procedente do canón eólico da Xunta.
.- Fernández Manín espera que Val Alonso se poña ao carón do Concello logo de solicitarlle á Deputación o equipo de rego asfáltico para acondicionar estradas do medio rural .
Foz, 31 de xullo de 2012.- O edil delegado de Medio Rural, Mar e Obras do Concello de Foz, Pedro Fernández Manín, deu a coñecer hoxe que o Goberno municipal ten previsto iniciar de xeito inmediato a obra de mellora da estrada principal da parroquia de Cordido. Deste xeito a administración local acondicionará máis de 1.500 metros cadrados desta vía, que constitúe o punto de acceso principal á parroquia de Cordido desde a estrada Lu- 162 (Ferreira do Valadouro – Cangas de Foz ). Os máis de 200 veciños desta parroquia beneficiaranse de xeito directo desta actuación promovida polo actual Goberno local que contribuirá a mellorar a seguridade e calidade viaria no interior deste burgo rural de Foz.
Fernández Manín lamentou no que a estradas se refire, que o anterior Goberno municipal socialista mantivera no total esquecemento á parroquia de Cordido e non iniciara -xa no pasado- esta actuación. “Pese a que daquela o PSOE xestionaba un Concello en tempos de bonanza económica, de grandes plans de obras públicas –como o Plan E- no que , sobre o papel se dicía que ia haber unha actuación e nada fixeron, e agora cando as arcas do concello están valeiras, tivo que chegar un Goberno do PP para corrixir esta inxustiza e executar esta obra tan necesaria”.
O concelleiro do Medio Rural e Mar, tamén explicou que a mellora e acondicionamento da estrada principal de Cordido non terá ningún custe para a Facenda local posto que se executará con cargo ao fondo autonómico de compensación ambiental, isto é, financiándoa a través do instrumento posto en marcha polo Goberno galego para o reparto do canón eólico. A Xunta de Galicia apoia economicamente aos concellos galegos, como o de Foz, que son os que deciden a que actuacións concretas destinan este financiamento.
Por outra banda, Pedro Fernández Manín, amosouse convencido de que o edil e Deputado Provincial socialista Ramón Val Alonso, se situará do lado do Concello e apoiará a solicitude efectuada polo Goberno local para que a Deputación de Lugo preste o equipo de rego asfáltico, tal e como está facer noutros municipios da provincia. De acadar a posta a disposición destes medios por parte de Excma. Deputación de Lugo, o Concello de Foz aportaría o persoal e o material, e desta forma podería executarse o plan que pretende o Goberno local e que suporía a mellora e acondicionamento de varias estradas nas parroquias do rural, máis en concreto, as vías de concentración en Vilaronte, San Martiño e Santa Cilla que se encontran nun estado lamentable.
Fernández Manín espera que desde o Executivo provincial sexan sensibles a esta petición e cumpran a súa obriga fundamental: a cooperación, asistencia e apoio aos concellos lucenses con menos de 20 mil habitantes.

























Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Están organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofrecen tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).
Neste curso a actividade estará dispoñible para as nosas pequenas Xoias e para alumnado externo, cunha sesión semanal, a cargo de Yasmin Toledo e Patrícia Sousa, do equipo de Segunda División. O alumnado poderá escoller o seu horario de adestramento entre os luns (16:00 h.-17:00 h., Vista Alegre) e os venres (19:30 h.-20:30 h., Monte Castelo). A actividade terá un custo de 6€/mes para o alumnado da escola laranxa e 24€/mes para o alumnado externo.



