Publicada na web da Deputación a lista de admitidos e excluídos nas accións de inserción laboral do Pacto polo Emprego
– Os inscritos terán de prazo ata o martes, día 17, para emendar a documentación que lles foi requirida e presentar as alegacións que consideren oportunas
– Os 340 beneficiarios do Pacto recibirán entre este mes de xullo e novembro formación nas profesións con máis futuro: servizos sociais, medio ambiente e novas tecnoloxías
A Deputación de Lugo publicou este venres na súa páxina web www.deputacionlugo.org a lista de admitidos e excluídos nas accións de inserción laboral incluídas na segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego. Os inscritos terán de prazo ata o vindeiro martes, 17 de xullo, para emendar documentación que lles foi requirida e presentar as alegacións que consideren oportunas. O organismo lugués prevé facer pública, de novo na súa web, a listaxe definitiva de admitidos e os cursos que lle foron asignados na semana do 23 de xullo. O proceso de selección realízase segundo os criterios de valoración establecidos nas bases do Pacto, que poden consultarse na web www.deputacionlugo.org
As 340 persoas que finalmente resulten beneficiarias destas accións coas que a Deputación abre novas oportunidades laborais ós desempregados de tódolos Concellos da provincia –agás o de Lugo, que conta co seu propio plan- recibirán entre finais deste mes de xullo e o de novembro formación teórica e práctica nas profesións con máis futuro: servizos sociais, medio ambiente e novas tecnoloxías.
A través da segunda fase do Pacto polo Emprego, financiado ó 80% pola Unión Europa, impartiranse un total de 22 accións formativas de 13 temáticas diferentes, todas elas vinculadas coas profesións de maior potencial de desenvolvemento e que mellor están a resistila crise. Trátase dos coñecidos como empregos brancos, vinculados coa atención sociosanitaria e a dependentes, un sector que, segundo un informe do Ministerio de Traballo de outubro do ano pasado, xerará 200.000 empregos hasta 2015 en España; os empregos verdes, que medraron un 235% na última década, superando os 500.000 postos en España na actualidade, e os 24.000 en Galicia; e os empregos azuis, os relacionados coas Tecnoloxías da Información e a Comunicación, área que creará 218.000 empregos hasta 2020 no país.
O Pacto polo Emprego persegue mellorar a formación e, con elo, as posibilidades de acceso ó mercado laboral, dos desempregados da provincia en xeral, e en especial das persoas con maiores dificultades, é dicir, mozos menores de 30 anos; maiores de 45 anos; desempregados de longa duración; persoas con discapacidade física, psíquica ou sensorial; e vítimas de malos tratos; entre outros colectivos en risco de exclusión social.
O contido dos cursos
Os cursos ofertados son os seguintes: coidador de discapacitados físicos e psíquicos; atención especializada para enfermos de alzheimer; auxiliar de enfermería en xeriatría; dinamización de actividades de tempo libre educativo infantil e xuvenil; produtor de hortalizas ecolóxicas; actividades auxiliares en viveiros, xardíns e centros de xardinería; instalador de impermeabilización; mantedor, reparador de calefacción e auga quente sanitaria; edificación sostible; técnico en comercio exterior; xestión comercial das ventas; e administración de servidores e páxinas web. Ademais, como novidade con respecto á primeira parte do Pacto, impartirase un taller de emprendemento, no que os participantes recibirán información clave para iniciar o camiño da posta en marcha dun negocio propio.
Para facilitala participación, as accións formativas descentralizaranse, levándose a cabo nas áreas de influencia de Monforte de Lemos, Viveiro e Lugo, unhas localizacións que, en calquera caso, poderán sufrir cambios en función da demanda rexistrada.
Axuda económica
Os participantes recibirán durante todo o período formativo –teórico e práctico- unha axuda económica que non pode superar o 75% do IPREM (Índice Público de Renda de Efectos Múltiples) para este ano 2012, é dicir, aproximadamente 400 euros. Esta axuda é compatible coa prestación por desemprego ou con outras axudas públicas con esta mesma finalidade, sempre e cando o conxunto das rendas percibidas non supere o 75% do IPREM, isto é 400 euros. As persoas interesadas poden encontrar información sobre esta iniciativa na páxina web da Deputación, www.deputacionlugo.org
Máis inserción laboral
Coa segunda fase do Pacto Provincial polo Emprego, a Deputación dá continuidade ós proxectos que, a pesar de non ter as competencias directas en emprego, leva impulsado para dinamizar o mercado laboral, tales como a propia primeira parte do Pacto, na que participaron 575 persoas, das que máis de 100 seguiron traballando; o Plan Lugo Emprega, que deu traballo a 711 persoas, ou as becas medioambientais Lug02, que acadaron unha inserción laboral do 50%. O organismo lugués poñerá tamén en marcha o Plan Integral Agropecuario e Forestal, que formará a 900 persoas para potencialo emprendemento nestes sectores vitais para o tecido socioeconómico de Lugo.








Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



