A vicepresidenta convidou ós produtores a sumarse gratis á Lugo Sabe, a marca que se amplía a outros 125 produtos, e á 1º plataforma de comercio electrónico da provincia. 20 profesionais ofreceron unha degustación gratuíta de 400 quilos de pementos, ó tempo que puxeron á venda outros 100 quilos deste froito, a un prezo de 5 euros. A Deputación apoiou, un ano máis, á Asociación de Produtos “O Pemento de Mougán” (APROPEM) na celebración da cita gastronómica que tivo lugar no campo da festa de dita parroquia do Concello de Guntín.
