Lumes máis rápidos, máis altos e máis fortes coa nova lei de Montes de Feijóo
13 de agosto de 2012. A recente Lei de Montes de Galiza aprobada en solitario polo PP sen consenso e contra o criterio do Consello Económico e Social, pon as bases para que os incendios sexan máis frecuentes, extensos, intensos e perigosos en Galiza. Ao modificar pola
porta de atrás a lei de prevención contra os lumes de 2007, facilitar a extensión das pirófitas, introducir a especulación no monte e reducir ao mínimo o papel da administración, a Feijóo xa só lle quedan as medidas punitivas e penais e… confiar na meteoroloxía e na providencia. O desleixo e o pasotismo olímpico da Xunta co noso medio rural conseguirán lumes de récord: máis rápidos, altos e fortes. Porque os montes tamén arden cando as institucións os abandonan, a Alianza por un Mundo Rural Galego Vivo convoca unha concentración este mércores 15 de agosto ás 12h diante da casa Grande de Viloria, no Barco de Valdeorras.
A Lei de Montes aprobada polo PP, ten como un dos seus principais obxectivos modificar pola porta de atrás a lei 3/2007 Lei de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais, deixándoa practicamente baleira de contido. Con nada menos que 43 importantes modificacións e sen base técnica que o xustifique (como indica o informe do Consello Económico e Social) Feijóo diminuiu as distancias de salvagarda da vexetación ás vivendas (de 50 a 30 metros); reduciu os anos nos que se limita o aproveitamento dos terreos queimados (de 3 a 2 anos); eliminou o mosaico de parcelas e a prohibición de establecer masas monoespecíficas de máis de 25 hectáreas continuas; abreu a posibilidade de forestar terras agrarias e desviou cara os concellos parte das responsabilidades de control. Estes cambios normativos, xunto coas accións conxunturais como os recortes en persoal de extinción e a ausencia de orzamentos para prevención, deixa aos montes galegos e á poboación veciña nunha situación de risco, da que sen dúbida poderían derivaranse lamentábeis consecuencias, como acabou de acontecer no Barco de Valdeorras.
E por se isto fora pouco, esta lei pretende desmontar a protección do monte veciñal e introducir ferramentas especulativas ao servizo da gran industria forestal e enerxética, rebaixando de paso a capacidade de intervención da Administración para entregar aos mercados a xestión dos nosos montes. tampouco é unha lei de carácter integral, tal como predica, ao esquecer as conexións con aspectos agrarios, sociais e ambientais. Óbvianse tamén aspectos novidosos para xestión do monte como a participación pública efectiva (que é algo máis que o trámite de consulta), a custodia do territorio e a multifuncionalidade do monte.
Tampouco aparecen temas fundamentais que deberían incorporarse na xestión do monte como os valores culturais, etnográficos, paisaxísticos, a restauración de terreos queimados, os vieiros ecolóxicos, a conservación dos hábitats e especies ameazadas ou a prevención de pragas e doenzas que están a proliferar nos nosos montes (gorgullo do eucalipto, nematodo do piñeiro, a pulga do carballo).
Dende ADEGA e a Alianza por un Mundo Rural Galego Vivo (integrada tamén pola CIG, a FRUGA e a ORGACCMM) apostamos por un monte con futuro que pasa por unha xestión sustentábel, integral, activa e participativa. A pesar da visión interesadamente miope e anticuada da Lei de Montes do PP, exemplificada nas verbas do ex-conselleiro Juárez “o rural galego está condenado a desaparecer”, dende a Alianza insistimos en que os nosos montes teñen futuro, e que os lumes poden combaterse con algo máis que represión policial se se aposta pola prevención e por poñer en valor con intelixencia todas as potencialidades da nosa terra.






















O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será na Igrexa de Santa María ás 20:30 h. Debido ao aforo limitado e ao cumprimento da normativa vixente, editaranse entradas que se repartirán no acceso da igrexa o propio día do concerto, onde tamén se realizará o control de acceso.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.
Ás 12:00 h, no Parque Ramón de Campoamor, terá lugar o acto institucional de homenaxe. Pola tarde, no Casino de Navia, haberá actividades abertas ao público: 18:00 h – Recital “Poesía que nos une escondida entre renglones”. 19:00 h – Encontro coa escritora Matilde Suárez, Premio “Ría del Eo”. A alcaldesa, Ana Fernández, destacou o compromiso de Navia por recuperar e poñer en valor o legado do poeta e consolidar o concello como referente cultural.



