O Partido Popular Mindoniense recorda a gran perdida que supuxo para Mondoñedo a non materizalización do proxecto de posta en valor da Cova do Rei Cintolo
Os populares, preguntanlle a Anton Veiga e o Sr. Alcalde, se pretenden compensar cun convenio para garantir a contratación dun Arqueólogo ( contratación que aplauden) a perdida que as suas xestións supuxeron para Mondoñedo.
O grupo popular recorda que se perderon máis de 100 millóns das antigas pesetas para a rehabilitación da cova e 60 para o centro de interpretación.
O PP local insiste en que a renuncia por parte de bng-psoe o proxecto por parte da Diputación e do Concello, supuxo un dano irreparable para a nosa economica
Mondoñedo, 8 de agosto de 2012- O Partido popular de Mondoñedo, lamenta que coas xestións dos que hoxe asinan un convenio, Mondoñedo perdeu máis de 160 millóns de pesetas nun proxecto de gran calado turístico para a nosa cidade e dende logo, o que sería un gran revulsivo na nosa, tan necesita economía.
Co anuncio da sinatura dun convenio entre Concello de Mondoñedo e Diputación Provincial de Lugo, concretamente parece ser coa área de Cultura, o Pp local quere recordar que Mondoñedo perdeu máis de 160 millons de pesetas que se conseguiran por esforzo e traballo, para por en valor a cova e o seu entorno, e materializar un proxecto de gran calado para a nosa economía tan necesitada.
A RENUNCIA O PROXECTO POR PARTE DO CONCELLO DE DA DIPUTACIÓN SUPUXO INDEMNIZACIÓN A EMPRESAS ADXUDICATARIAS.
O enfrentamento por parte das duas forzas políticas con este proxecto foi evidente dende o seu inicio, sendo incluso de vergoñentas imaxes de deputadas provinciais e concellais manifestando claramente o rexeitamento a toda intervención na cova. “ son comprensibles discrepancias e incluso, se coa chegada do bipartidismo a Deputación e Concello, quixeran facer algunha modificación para impoñer a sua firma, hasta o entenderíamos, pero o que non se explica e que a xestión de ambos, bipartito Mindoniense e bipartito provincial, o unico que acadou Mondoñedo foi a perdida dunha inversión de mais de 160 millóns de pesetas, que houbo incluso que indemnizar as empresas adxudicatarias, proque algúnha obra xa estaba adxudicada, e o que é máis triste e preocupante, a pérdida dun proxecto que dinamizaría a economía mindoniense”
os Populares consideran que se ese proxecto, ou similar, estivese en marcha hoxe sen dúbida o futuro de Mondoñedo sería moi distinto.




















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



