PRECAMPAÑA: Nun acto presidido por Jose Manuel Barreiro, e no que tamén participaron Ovidio Rodeiro, Jose Manuel Balseiro e Elena Candia
A xuventude achega propostas para o programa electoral do Partido Popular
Os mozos populares fixeron unha serie de suxestión en temas tan variados como a habilitación dun sistema galego de bolsas, as taxas universitarias, sobre emprego e empregabilidade e formación profesional dual.
Mondoñedo, 9de setembro de 2012.- A casa da xuventude de Mondoñedo acolleu esta tarde un acto de precampaña que reuniu a destacados dirixentes populares -entre eles o presidente provincial e portavoz do Grupo Popular no Senado, Jose Manuel Barreiro- con membros de Novas Xeracións. O foro tiña por obxecto ser un espazo nos que os mozos populares achegaran distintas propostas que puideran ser incorporadas no programa electoral co que o Partido Popular concorrerá ás vindeiras eleccións autonómicas do 21 de outubro.
PROPOSTAS
Integrantes de Novas Xeracións e concelleiros mozos fixeron unha serie de suxestións en temas tan variados como a habilitación dun sistema galego de bolsas, o mantemento das políticas que fan das taxas universitarias galegas as máis baixas do conxunto de España ,ou propostas varias en ámbitos como o emprego e a mellora da empregabilidade da xuventude ou sobre a formación profesional dual, que busca ser un sistema de aprendizaxe que une aspectos teóricos e prácticas na empresa.
A xuventude ten un papel cada vez máis protagonista no Partido Popular e no presente e futuro de Galicia e, nesa liña, resulta imprescindible para os populares lucenses darlles voz e contar con eles á hora de desañar a folla de ruta que esta formación política presenta ante o electorado para os vindeiros anos.
Ademais da presenza do presidente dos populares lucenses, Jose Manuel Barreiro, e o dirixente provincial da agrupación xuvenil, Daniel Vega, tamén participaron no encontro Ovidio Rodeiro, actual director xeral de Xuventude, de Elena Candia, portavoz local de Mondoñedo e do Grupo Popular na Deputación e de Jose Manuel Balseiro, coordinar de campaña e integrante do equipo autonómico encargado de redactar o programa electoral.
CEA NA FESTA DOS REMEDIOS
Tras achegar as súas propostas programáticas os mozos populares compartiron unha cea de confraternidade nos postos que Mondoñedo acolle co gallo dunha das súas festas máis tradicionais, a da Virxe dos Remedios.






















A artista, referente da música popular galega, conectou cun público diverso que gozou dunha sesión vermú marcada por máis de trinta anos de traxectoria. O concerto serviu tamén como despedida e recoñecemento a Valentín González e Viviana Pérez, que deixan a organización da comisión de festas tras dúas décadas. O deputado de Mocidade, Daniel García, destacou a importancia da implicación veciñal para manter vivas as celebracións que fortalecen a identidade comunitaria e reafirmou o apoio da Deputación ás redes asociativas e á programación cultural en galego. A actuación forma parte da iniciativa provincial para achegar música tradicional e en galego a todos os públicos.
Cómpre sinalar que este produto conta cun distintivo de calidade diferenciada, a Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá, un dos 36 selos recoñecidos en Galicia que amparan a súa excelencia. Neste sentido, a Xunta vén de lanzar a nova marca Aquí Sabemos, coa que se busca reforzar o coñecemento e a identificación por parte dos consumidores dos produtos alimentarios galegos protexidos por figuras de calidade diferenciada.
Co sol ocultándose e a lúa asomando entre as torres de Donlebún, o músico e divulgador reivindicou o poder evocador e transformador do bravú fronte á morriña paralizante. Na sala de lectura da biblioteca, Souto explicou a evolución do rock bravú no imaxinario galego, evocando as músicas populares que acompañaron durante décadas os remolques dos pascualiños e os labores comunitarios, e lembrando a vitalidade de grupos como Skornabois, Diplomáticos de Monte Alto, Xenreira, Zënzar, Pinto de Herbón ou os Rastreiros. A boa lembranza da súa anterior visita levou ao artista a pechar a velada interpretando o “Himno de Ribadeo”, composto por Arturo Mogo, nun final cheo de afecto pola vila e pola súa identidade cultural.
O evento ofrecerá mel, produtos de tempada, artesanía, gastronomía e outras propostas locais. O Concello do Valadouro mantén aberto o prazo de inscrición para persoas e empresas expositoras, que poden presentar a súa solicitude na sede electrónica ou nas oficinas do Centro Socio-cultural, Xuvenil e da Terceira Idade “Manuel Lourenzo” ata o martes 6 de outubro, ou ata completar os postos dispoñibles.
Estiveron organizadas por Acisa e financiadas pola Área de Medio Rural e Mar da Deputación de Lugo. 25 locais hostaleiros ofreceron tapas e racións en diversas preparacións. Acisa repartiu entre os establecementos 1.100 quilos de mexillóns para esta cita gastronómica. Ata Ribadeo se achegou o deputado Dani García, que estivo xunto á presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, e os concelleiros ribadenses Martín Graña e Vicente Castro.
Neste espazo radiofónico Félix Jorquera falou coa alcaldesa de Lourenzá, Rocío López; co concelleiro de Cultura, Manuel Arango; con José Cuadrado, presidente da Indicación Xeográfica Protexida Faba de Lourenzá e pregoeiro desta edición da festa; co chef Pedro Barreira; e con Antonio Irimia, presidente do club VespaFaba & Clásicos, de Lourenzá. Por diante queda toda unha fin de semana chea de actividades arredor da faba de Lourenzá. Os organizadores animan a acudir a esta cita.
Os asistentes puideron coñecer de preto unha particular viaxe que parte de Ribadeo e percorre Galicia en 37 etapas bordeándoa e combinando ciclismo, patrimonio, cultura e paisaxe. Jorge Justo estivo acompañado polo alcalde de Ribadeo, Dani Vega, e por Pablo Mosquera, ex director do Hospital da Costa (agora Hospital Público da Mariña).



