A Deputación acolleu a entrega do Cd co arquivo sonoro de Sons da nosa Fala, mil voces recitando mil poemas de Celso Emilio Ferreiro
– Nunha emotiva cerimonia no Salón de Actos a Real Academia Galega e a familia do poeta recibiron un Cd con mil poemas recitados por outras tantas persoas de mans do Grupo Radio Lugo-Cadena Ser
-Os actos deron comezo coa sinatura no Libro de Ouro da Deputación por parte do Presidente da Real Academia Galega que agradeceu “esta xoia prezada, un documento único e irrepetible”
– Gómez Besteiro destacou que todas as homenaxes desenvolvidas arredor da figura do poeta a desta mañá “é a máis participativa e perdurable” o “
A Deputación de Lugo exerceu esta mañá de anfitriona do acto de entrega do cd que recolle os froitos do proxecto Sons da nosa fala. Mil voces para Celso Emilio Ferreiro, posto en marcha polo Grupo Radio Lugo e coordinado polo locutor Paco Nieto e a xornalista Tania Lombao, e que animou a mil persoas a prestar a súa voz para homenaxear ó poeta de Celanova no centenario do seu nacemento. Nenos e maiores, lucenses, galegos e mesmo xentes de orixe xaponesa, rusa, francesa, italiana ou irlandesa quixeron facer as súas particulares homenaxes a Ferreiro, recitando poemas do poeta que eles mesmos escolleron.
Estas mil voces pasarán a formar parte dende hoxe do arquivo histórico da Real Academia Galega, cuxo Presidente, Xosé Luis Méndez Ferrín, recibiu o Cd recompilatorio para a súa garda e custodia xunto cunha memoria do proxecto que, previsiblemente, continuará ata finais de ano. Así mesmo e cun significado máis emotivo, o fillo do poeta, Luis Ferreiro, recibiu outro exemplar para a familia a modo do homenaxe a un dos artistas galegos que, tal e como subliñou Gómez Besteiro durante a súa intervención, “é, sen dúbida, un dos poetas galegos con maior proxección dentro e fóra de Galicia”.
Os actos presididos por Gómez Besteiro en calidade de anfitrión, e nos que, xunto co Presidente da Real Academia Galega e o fillo do poeta, estiveron presentes Julio Beberide Martínez, Presidente do Grupo Radio Lugo-Cadena Ser e Antón Bao, o Tenente de Alcalde e titular da Concellería de Cultura do Concello de Lugo, institución patrocinadora da iniciativa, deron comezo coa sinatura no Libro de Ouro da Deputación por parte do Presidente da Real Academia Galega, coa que quixo deixar constancia do seu agradecemento á Deputación pola acollida e a todos as persoas, públcias e anónimas, que fixeron posible esta iniciativa.
A homenaxe máis participativa e perdurable
Durante a súa intervención, Gómez Besteiro lembrou con motivo da conmemoración do nacemento do poeta “moitos foron os congresos, homenaxes e xornadas desenvolvidas que arredor da súa figura se teñen levado a cabo, de punta a punta en Galicia”, pero que a homenaxe que está mañá se lle tributou na Deputación é “a máis participativa e perdurable no que vai de ano”.
Igualmente, o Presidente quixo subliñar a pegada de Celso Emilio non só por ser “un dos poetas con maior proxección dentro e fóra de Galicia” e pola extraordinaria incidencia que tivo para outras manifestacións culturais, sendo fonte de letras para numerosos músicos “comprometidos coa tarefa de concienciar á sociedade”, senón tamén porque chegou a liderar “toda unha fronte contra a ditadura e as inxustizas sociais” co seu discurso comprometido en obras coma Longa noite de pedra.
Julio Beberide salientou o compromiso de Radio Lugo co idioma galego, lembrando que “na época da República as emisións de Radio Lugo abríanse coa emisión do noso Himno” e coa cultura, para o que fixo unha lembranza polas figuras senlleiras que desfilaron pola emisora ó longo dos anos de historia da emisora, coma Castelao, Otero Pedrayo ou Trapero Pardo.
Na súa intervención, Xosé Luis Méndez Ferrín comezou dando “grazas, beizóns e moitas mercedes” ás mil voces que participaron, e asegurou que gardarían a recompilación entregada hoxe coma “unha xoia prezada, un documento único e irrepetible”, engadindo que “Celso Emilio Ferreiro está máis vivo que nunca nestas voces”
Pola súa banda, Luis Ferreiro quixo agradecer, en nome da familia e da Fundación Celso Emilio Ferreiro, á Cadena Ser, á Deputación e a Real Academia Galega por conservar os poemas recitados para o futuro. Así mesmo, quixo destacar que “a poesía debe espallarse no pobo, para que así cheguen as ideas á xente”.
Antón Bao aproveitou a súa quenda para citar algún dos versos contidos na obra Cemiterio privado, que permitiron ó poeta sacar á luz os seus obxectivos como persoa, “resumindo a alma e o pensamento de Celso Emilio Ferreiro”. Rematou lembrando as verbas de Ferreiro coas que falaba da “lingua proletaria do meu pobo”.
Autoridades
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos quedou pequeno para acoller as ducias de persoas que quixeron ser testemuñas do emotivo acto. Moitas xentes de Lugo que participaron neste proxecto, así como destacados persoeiros da cultura e do mundo da radio. O deputado de Xestión Territorial, Manuel Martínez; a candidata do PSOE pola provincia de Lugo, Concepción Burgo; a portavoz do grupo provincial popular, Elena Candia; a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Xuventude do Concello de Lugo, Carmen Basadre; o Subdelegado do Goberno en Lugo, Ramón Carballo; os membros do grupo popular municipal do Concello de Lugo Jaime Castiñeira, Isabel Devesa e Antonio Ameijide; personaxes do mundo da cultura como o Cronista Oficial da Provincia de Lugo, Juan Soto Gutiérrez; os escritores Darío Xohan Cabana e Paco Martín ou a locutora Tonina Gay.





















Baixo o título “A guerra en Oriente Medio. Do xenocidio en Palestina á agresión a Irán”, o analista internacional Duarte Correa ofrecerá unha intervención centrada na evolución do conflito, o impacto humanitario e as implicacións xeopolíticas da escalada bélica na rexión.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reunirá 137palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García achegouse esta tarde a Ribadeo para presentar a proba, que comezará ás 15.30 coa saída dos prebenxamíns e benxamíns. A continuación e de forma escalonada, desenvolveranse as probas das categorías infantil, alevín e cadete e xuvenil.
A partir das 19:45 horas abrirán a xornada o Cuarteto Illa Pancha e Tradigalu, mentres que desde as 20:00 horas se poderán degustar hamburguesas á parrilla, bocadillos de panceta e chourizos asados. Xa pola noite, ás 21:30, tomarán o relevo Mi Rollo es el Rock, antes da tradicional fogueira de San Xoán, prevista para as 00:00 horas. A celebración, organizada por A Rebolaxe coa colaboración do Concello de Cervo e a Deputación de Lugo, inclúe tamén o sorteo dunha paleta de cocho e contará con aparcamento habilitado no Estanco da Praia do Torno.
A Garda Civil de Burela tomou declaración este 10 de xuño a unha representante do departamento en liña de Porcelana de Sargadelos, que denunciou unha estafa na que se emprega a imaxe da empresa para enganar clientes. Segundo explicou, desde finais de abril están a aparecer páxinas web falsas con descontos do 80% e perfís fraudulentos en redes sociais como Instagram, TikTok e Facebook, a través dos que varios usuarios xa foron estafados. A compañía presentou denuncias contra distintos dominios e contas, das que só unha continúa activa, e achegou tamén os rexistros da marca e as comunicacións realizadas ante Meta. A denuncia foi formalizada no cuartel da Garda Civil de Burela, onde quedou incorporada ás dilixencias abertas polo corpo.
O deputado galego Francisco Millán Mon explicoulles o día a día da súa actividade nesta cámara e a importancia da Unión Europea para Galicia e viceversa. Desde a dirección do centro agradecen “a súa exposición e o trato dispensado ao alumnado e profesorado desprazado a Bruxelas”. Neste 2026 cúmprense 40 anos da adhesión de España á Comunidade Económica Europea, así se denominaba naquel momento. O IES de Ribadeo é Escola Mentora do Programa Escolas Embaixadoras do Parlamento Europeo.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.
A mostra, aberta na sala de exposicións do Auditorio Municipal de luns a venres entre as 18:00 e as 22:00 horas, reúne preto de 30 obras de artistas emerxentes e consolidados, ofrecendo diversas miradas sobre a paisaxe, a identidade, a memoria e a realidade contemporánea. A alcaldesa, Marta Rouco, destacou o valor de que Vilalba forme parte desta programación compartida e o impacto positivo que supón para a actividade cultural local.



