A Deputación renova o seu apoio a todas as confrarías e agrupacións de mariscadoras da provincia

– A Deputación de Lugo concede máis de 20.000 euros ós pescadores e mariscadoras da Mariña, sendo a única das deputacións galegas que xa renovou as axudas ó sector este ano
– Trátase de axudas de 3.000 euros, idénticas para todas as confrarías existentes na provincia, e que por 1ª vez tamén recibirá a confraría de Foz
-A entidade provincial destinou outros 30.000 euros á promoción dos produtos do mar, como a Festa do Berberecho de Foz, o Percebe de Celeiro, Produart de Burela ou a do Marisco na Mariña
O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, renovou a sinatura dos convenios de colaboración cos que a entidade provincial destina un total de 21.000 euros para apoiar ás confrarías mariñanas e á Agrupación de Mariscadoras da comarca. Coa repetición destas subvencións, a de Lugo convértese na única das tres deputacións galegas con costa que xa renovou as axudas ó sector dos pescadores e mariscadoras que traballan na provincia. Trátase de subvencións de 3.000 euros a cada unha destas agrupacións de profesionais do sector, que están destinadas a impulsar economicamente o desenvolvemento das súas actividades.
Á reunión, na que tamén participou o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, acudiron todos os representantes do sector: Beatriz Sánchez, vicepresidenta da Agrupación de Mariscadoras de San Cosme de Barreiros; Celia Pacio, José Basilio Otero, María Faustina Solloso, Javier Sánchez, Juan Ramón Lestegás e Domingo Rey, patróns maiores das confrarías de Ribadeo, Burela, O Vicedo, San Cibrao, Foz e Celeiro, respectivamente. No transcurso da mesma, o máximo responsable provincial subliñou que”malia non ter competencias directas na materia, a Deputación quere apoiar a actividade de todas e cada unha das confrarías, exactamente coa mesma cantidade, sen facer diferenzas. Cunha boa xestión, o mar pode ser moito máis produtivo e, precisamente aumentar a produtividade nun momento económico como o actual, ten que contar co apoio de todos”. O sector está a pasar graves dificultades. Por exemplo, o número de mariscadores en Galicia reduciuse á metade na última década.
Foz, tamén presente
Se desde hai anos, tradicionalmente na Deputación, só a confraría de pescadores do Vicedo recibía a axuda económica do ente provincial, hoxe son todas, incluída a de Foz, as que contan co apoio da entidade. Neste senso, o máximo responsable provincial subliñou que “lonxe quedaron os tempos nos que cada un marchaba polo seu lado. Para mellorar as cousas temos que sumar esforzos, e por iso é fundamental que todos traballemos na mesma dirección. Se a toda a Mariña lle vai ben, á provincia iralle mellor”.
Máis promoción dos produtos do mar
O Presidente provincial destacou que o apoio ós traballadores do mar non estaría completo se este se limitara á colaboración coas confrarías: “Tan importante coma apoiarvos a vós, é contribuír á poñer en valor o froito do voso traballo”. Deste xeito, a través do Plan Estratéxico de Subvencións provincial, a entidade presidida por Gómez Besteiro ten destinado no que vai de ano 22.000 euros para a promoción e posta valor dos produtos do mar, como unha vía fundamental para revitalizar a economía luguesa.
“Fixemos o esforzo de manter esta colaboración económica, e mesmo de aumentala. Só en tres anos duplicamos a cantidade, malia que as circunstancias son complicadas para todos”. Algunhas das iniciativas ás que se dirixiron eses 22.000 euros foron: a Festa do Berberecho de Foz, a do Percebe de Celeiro, a Feira Produart de Burela ou a popular Festa de Marisco da Mariña que este verán tivo lugar en Foz.
Defensa dos postos de traballo de Alcoa
O Presidente da Deputación volveu insistir na necesidade de coñecer a tarifa eléctrica da que pende o futuro da factoría de Alcoa e súas empresas auxiliares. Para Gómez Besteiro “sumar esforzos é a forma de traballar da Deputación, ben como o caso de hoxe coas confrarías, ou ben con casos que tamén son de todos como a supervivencia de Alcoa”.
Para o Presidente da Deputación a situación é dramática, xa que de non desbloquearse canto antes a incerteza, a factoría luguesa deixará de recibir pedidos, o que preocupa enormemente á dirección xeral da fábrica. “Alcoa de San Cibrao está entre as tres factorías máis produtivas do mundo, é incomprensible que sigamos nesta situación”. Besteiro volveu facer un chamamento ó sentido común e confía en que o Goberno Central e autonómico resolvan “o que é, sen lugar a dúbidas, o maior problema que hoxe ten a provincia, xunto ó despoboamento e a crise do sector agrogandeiro”.























O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



