ATA O VINDEIRO VENRES ESTÁ ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN NAS ESCOLAS DEPORTIVAS DE BARREIROS. EN TOTAL OFÉRTANSE OITO ACTIVIDADES.
Barreiros, 24 de setembro de 2012. Ata o vindeiro venres, 28 de setembro, está aberto o prazo de inscrición nas escolas deportivas de Barreiros para a tempada 2012/13. As actividades que se ofertan son ximnasia, natación, xogos, aeróbic, tenis, baloncesto, fútbol sala e patinaxe.
No pavillón municipal de Barreiros impartiránse baloncesto, fútbol sala e tenis. No local social de San Xusto haberá ximnasia. No CEIP de San Cosme haberá aeróbic, ximnasia e xogos. No pavillón de San Miguel impartiránse patinaxe, ximnasia e xogos e na piscina municipal de Foz serán as clases de natación.
As actividades darán comezo o vindeiro 1 de outubro. E a presentación terá lugar o vindeiro venres, 28 de setembro, ás 19 horas no salón de actos do centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro.
Os interesados en inscribirse nas escolas deportivas de Barreiros deben presentar as fichas correspondentes nos centros educativos do concello o una oficina municipal de información xuvenil.