Catro cronistas políticos de referencia en Galicia analizarán na Deputación as eleccións autonómicas
– Anxo Lugilde, Domingos Sampedro, Xabier Blanco e José Luis Gómez compartirán mesa de debate o mércores, a partir das 20:30 horas, no Salón de Actos provincial
– Previamente, os xornalistas e escritores Valentín Carrera e Yolanda del Campo presentarán o seu novo libro: As Eleccións xerais do 20N na rede
Catro cronistas políticos de referencia en Galicia compartirán mesa de debate este mércores, ás 20:30 horas, no Salón de Actos da Deputación de Lugo, para analizar o proceso das eleccións autonómicas do 21-O. Trátase de Anxo Lugilde, columnista de El Progreso e La Vanguardia; Domingos Sampedro, o destacado cronista político de La Voz de Galicia; Xabier Blanco, xornalista de La Región; e José Luis Gómez, exdirector de Xornal, que foi pioneiro en prensa web e comentarista en TVE e outros medios. O xornalista e escritor Valentín Carrera moderará a mesa redonda, que organiza o organismo provincial baixo o título: “Eleccións galegas: O futuro do noso país”. Todos eles, cunha dilatada e prestixiosa traxectoria profesional, comparten ademais a súa participación en dúas tertulias de referencia do país: O Faladoiro e A Crónica, na Radio Galega.
Previamente a este encontro, ás 20:00 horas, o mesmo escenario acollerá a presentación dun novo libro dos xornalistas Valentín Carrera e Yolanda del Campo: As eleccións xerais do 20N na Rede: crónica e análise da campaña. Trátase da continuación doutra obra anterior publicada hai un ano, Municipais 2011 en Galicia, ambas as dúas editadas en ebook por Edicións Lea.
Aposta polas novas tecnoloxías e a Rede
Os autores do libro, Carrera e Del Campo, traballan como community managers e fan con este ebook unha decidida aposta polas novas tecnoloxías e a Rede. Yolanda del Campo, que actualmente desempeña o seu labor na Escola de Cine de La Habana, é licenciada en Publicidade e Comunicación Audiovisual, realizadora de TV (a súa última serie na TVG foi O fío do retrato) e artista multimedia.
Pola súa banda, Valentín Carrera é escritor e xornalista de longa experiencia, autor dunha ducia de libros (Riosil, premio Blanco Amor de Novela) e numerosas series de TV (dende As viaxeiras da luz a Doa a doa), ademais de blogueiro da actualidade política galega en @Tornarratos e colaborador de Galicia Confidencial e outros medios.
En canto ao ebook, pódese descargar na web de Edicións Lea, a través do seguinte enlace: http://lea.galiciamedia.com/index.php/catalog/product/view/id/288/s/as-eleccions-xerais-do-20n-na-rede-pdf/category/10
Trátase da segunda entrega dunha serie de catro análises electorais: o primeiro estivo dedicado ás eleccións municipais (maio 2011); este céntrase na campaña das xerais do 20 de novembro pasado; o terceiro abordará xustamente a campaña das autonómicas galegas que está quentando motores; e rematará a serie cun cuarto traballo dedicado, no seu momento, á presenza e participación galegas no Parlamento Europeo. Os autores explican que se trata de catro escalóns político-administrativos -municipal, autonómico, estatal e europeo- aos que podería engadirse un quinto sobre as pedanías se non fose porque están en proceso de desaparición.
Dobre lectura: Crónica desenfada e detida análise
Segundo Carrera e Del Campo, as 200 páxinas do libro que agora se publica teñen unha dobre lectura: fan unha crónica subxectiva e desenfadada de como foi a campaña electoral das xerais nas catro provincias galegas e percorre, día a día, nunha detida análise, a fervenza de informacións na Rede, principalmente en Twitter e Facebook. Os xornalistas afirman que esta análise “é posiblemente a parte máis novidosa do ebook: en maio de 2011, coa explosión do famoso 15M, a campaña estreouse timidamente nas redes sociais e algúns candidatos aventuráronse a dar os seus primeiros pasos en Twitter e Facebook, con certo despiste. Apenas seis meses despois, no 20N, a campaña xa discorreu pola rede dun xeito fluído e case principal, deixando atrás outros medios de comunicación”.
Para os autores, todo fai prever que nas eleccións autonómicas do 21 de outubro as redes sociais e os medios online “van ter un papel preponderante e decisivo, toda vez que os recursos económicos son escasos, as campañas terán orzamentos reducidos e as redes permiten, especialmente aos grupos novos ou pequenos, facer a súa guerrilla informativa cun custe económico moi baixo”.























López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
A proposta combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos. As entradas, cun prezo de 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes do inicio. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



