O DOMINGO ARRINCAN EN BURELA AS ACTIVIDADES DA SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE. HABERÁ TALLERES, CHARLAS, CIRCUITO DE KARTS, XOGOS E ACTUACIÓNS MUSICAIS ATA O 22 DE SETEMBRO.
Burela, 11 de setembro de 2012. O vindeiro domingo, 16 de setembro, dan comezo en Burela as actividades organizadas para celebrar a Semana Europea da Mobilidade. Ese día entre as 9 da mañá e as dez da noite estarán pechadas ao tráfico as rúas Pardo Bazán, entre Curros Enríquez e Eijo Garay, e Eijo Garay entre Rosalía de Castro e Pardo Bazán. O programa, elaborado polo Concello de Burela, rematará o 22 de setembro.
A concelleira de Medio Ambiente, Patricia López Eijo, sinalou que “coma novidades na semana da mobilidade ampliamos as actividades “Día sen coche” que é o domingo. Este día colaborarán diversas asociacións montando stands nos que promocionarán e difundirán as actividades da asociación. Tamén o domingo, 16 de setembro, haberá dous talleres, un de maquillaxe a cargo da asociación O mellor de cada casa e outro de foami a cargo da Asociación de Axuda ao enfermo mental A Mariña e contaremos coa presenza de As Encaixeiras, que palillarán na rúa”. A edil popular explicou que “tamén teremos o domingo a actividade de dispara a gol con xogadores do Burela FS, que en edicións anteriores se facía pola semana, pero que decidimos trasladar ao domingo porque é unha actividade que gusta moito e así poderán acercarse máis nenos ao ser unha xornada na que non teñen colexio”. A Asociación de Comerciantes de Burela organiza tamén para o domingo un concurso de postres e patrocinará a posterior merenda dirixida a todos aqueles que participaron nas distintas actividades desenvolvidas ao longo de todo o día.
López Eijo indicou que “outra das novidades dentro da Semana da Mobilidade (SEM) son dúas charlas, unha de hábitos saudables na terceira idade, que impartirá Ana María Barreiro Goás, o 21 de setembro ás 11 da mañá no salón de actos da casa da terceira idade de Burela. E outra ese mesmo día pola tarde, ás17 horas na praza da Mariña, sobre coidados e educación básica canina, con Miriam Rivas”. A concelleira de Medio Ambiente engadiu que “este ano contaremos outra vez co circuito de karts que tanto éxito tivo o ano pasado.
E disfrutaremos das actuacións de Batuko-Reventola (o domingo 16 de setembro ás 19 horas na praza da Mariña), da agrupación da Escola Municipal de Música do Concello (o venres, 21 de setembro, ás 19 horas na praza da Mariña) e para rematar haberá unha actuación conxunta de Dambara, da Banda de Cornetas e Tambores Santo Inocencio de Teixeira de Burela e de Amigos da Banda de Burela. Será o sábado 22 de setembro a partires das 18 horas. Primeiro teremos pasarrúas e despois a actuación conxunta dos tres grupos”.
O eslogan da Semana Europea da Mobilidade é Participa nos plans de mobilidade da túa cidade: móvete na boa dirección. Patricia López Eijo dixo que “con este eslogan preténdese facer reflexionar sobre o papel que os plans de mobilidade urbana sostible poden xogar no noso pobo. Ditos plans (Pmus) definen un conxunto de medidas interrelacionadas que levan, paso a paso, a satisfacer as necesidades de mobilidade dos cidadáns e empresas, ao mesmo tempo que melloran a calidade de vida do pobo”.
PROGRAMA
DOMINGO, 16 DE SETEMBRO.
Dende as 9:00 h ás 22:00 h permanecerán pechadas ao tráfico as Rúas Pardo Bazán (tramo de intersección coas Rúas Curros
Enríquez e Eijo Garay) e Eijo Garay (tramo de intersección coas Rúas Rosalía de Castro e Pardo Bazán).
-11:00 h-13:00 h:
Ginkana. Rúa Pardo Bazán.
-11:00 h-13:00 h:
Stands: ACIA Burela e Asociación “O mellor de cada casa”. Praza da Mariña.
-11:00 h-13:00 h:
Taller de maquillaxe e caracterización para público infantil. Asociación “O mellor de Cada
Casa”. Praza da Mariña.
-16:00 h-18:30 h:
Xogos deportivos ao aire libre (porterías, canastras, mesas de ping-pong, rede de voleibol,
futbolín). Rúa Pardo Bazán.
-16:00 h-19:00 h:
Stands: ACIA Burela, “Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña” e Asociación “O
mellor de cada casa”. Praza da Mariña
-16:00 h-19:00 h:
Taller de maquilllaxe e caracterización para público infantil. Asociación “O mellor de Cada
Casa”. Praza da Mariña.
-16:00 h.- 19:00h:
Palillando na rúa coa participación de mulleres palilleiras de Burela e da Asociación “As
Encaixeiras”. Praza da Mariña.
-16:00 h-19:00 h:
Stand: Burela FS. Praza do Concello.
-17:00 h-19:00 h:
“I Convocatoria de postres”. ACIA Burela. Praza da Mariña.
-17:00 h-19:00 h:
Exposición de obxectos elaborados nos talleres ocupacionais e taller de foami para público
infantil. “Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña”. Praza da Mariña.
-16:00 h-19:00 h:
“Dispara a gol”. Burela FS. Praza do Concello.
-19:00 h:
Merenda saudable patrocinada por ACIA. Praza da Mariña.
-19:00 h:
Actuación da Asociación Batuko-Raventola de Burela. Praza da Mariña.
LUNS, 17 DE SETEMBRO:
-09:00 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES (CEIP VISTA ALEGRE).
-09:00 h:
“Xogo dos residuos”(Sogama) (6º primaria CEIP Virxe do Carme).
-16:30 h-18:30 h:
Circuíto de karts aberto ao público no Pavillón dos IES.
MARTES, 18 DE SETEMBRO:
09:00 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES (IES Monte Castelo)
-09:00 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES (IES Monte Castelo).
-09:00 h- 2:00 h:
“Paseando ao colexio” (4º primaria do CEIP Vista Alegre).
-16:30 h-18:30 h:
Circuíto de karts aberto ao público no Pavillón dos IES.
MÉRCORES, 19 DE SETEMBRO:
-10:00 h-13:30 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES.
-09:00 h-12:00 h:
“Paseando ao colexio” (4º primaria do CEIP Virxe do Carme).
-16:30 h-18:30 h:
Circuíto de karts aberto ao público no Pavillón dos IES.
XOVES, 20 DE SETEMBRO:
-10:00 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES (CEIP Virxe do Carme).
-09:00 h:
“Xogo dos residuos”(Sogama) (6º primaria CEIP Vista Alegre).
-16:30 h-18:30 h:
Circuíto de karts aberto ao público no Pavillón dos IES.
VENRES, 21 DE SETEMBRO:
-09:00 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES (IES Perdouro).
-11:00 h:
Charla “Hábitos saudables para a 3ª idade”. Ana María Barreiro Goás (DUE). Salón de actos da
Casa da 3ª Idade
Casa da 3ª Idade.
-16:30 h-18:30 h:
Circuíto de karts aberto ao público no Pavillón dos IES.
-17:00 h-18:30 h:
Charla “Disfruta co teu can: Coidados e educación básica canina”. Miriam Rivas. Praza da
Mariña.
-19:00 h:
Actuación de Agrupacións da Escola Municipal de música do Concello de Burela. Praza da
Mariña.
SÁBADO, 22 DE SETEMBRO:
-10:00 h-13:00 h:
Circuíto de karts no Pavillón dos IES aberto ao público.
-11:00 h:
Xogo da billarda. Buril. Pista CEIP Nº2 Vista Alegre.
-16:30 h-18:30 h:
Circuíto de karts aberto ao público no Pavillón dos IES.
-18:00 h:
Pasarrúas e actuación final no Auditorio da Casa da Cultura da Banda de Gaitas “Dambara”,
Banda de C.C.T.T. Santo Inocencio de Teixeira de Burela e a Banda de Amigos da Banda de
Burela