A Deputación de Lugo dende a súa Vicepresidencia Primeira conxuntamete coa Forga, van por en marcha un Plan de Emprego – Formación – Acción, co que se pretende fomentar o emprendedorismo das mulleres no –ámbito do desenvolvemento turístico de Lugo.
Dito plan está orientado a grupos posibeis de emprendedoras ás que se ofertará unha formación específica e de calidade, así coma a Asistencia Técnica para a creación e consolidadción a través dun grupo de traballo específico de proxectos empresariais:
Está deseñado para incidir en tres áreas xeogáficas da provincia entre elas A Mariña
A finalidade do mesmo é formar e titorizar a futuras emprendedoras do turismo nos tres ámbitos xeográficos da provincia de Lugo.
Dentro do sinalado plan a acción formativa deseñada para a execución do mesmo denomínase PROMOCIÓN TURISTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE, a cal dará comezo do DIA 21 DE SETEMBRO do presente, cunha duración de 615 horas lectivas, realizarase nos locais da Forga sitos na Avda. Arcadio Pardiñas 137 galerias- Burela de Luns a Venres en horario de 9:00 a 14:00.
Para máis información, chamar ao local de Forga Burela no teléfono 982581861 ou no seguinte enderezo electrónico: dtamarinha@forga.org.