Lidia, convocada pola selección feminina española
A xogadora do Burela FS Pescados Rubén Feminino recibiu a convocatoria da selección absoluta para incorporarse o vindeiro 30 de setembro e ata o 4 de outubro, na Cidade do Fútbol de Las Rozas. A noticia ben a avalar o gran traballo que está a facer Lidia no equipo laranxa. A directiva, no nome do club, felicítase pola convocatoria “pois estamos seguros de que para os socios e socias do CD Burela FS representa moito que as nosas xogadores e/ou xogadores vistan a camiseta vermella”.